Hai un mes, un británico deu cos restos dunha pomba mentres reformaba unha cheminea. Debía levar alí tempo, pois apenas quedaban os ósos, pero sorprendeuno ver un pequeno tubo vermello suxeito a unha das patas. Coa curiosidade dun neno nun faiado, o home separou o frasco da extremidade do animal. Despois, abraiado pola descuberta, sostívoo entre as mans, mirándoo desde todas as ópticas posibles. Era cilíndrico, do tamaño aproximado dun dedo. Lembroulle a un daqueles botes nos que se metían os carretes antes de que existise a fotografía dixital. Con xesto nervioso, comezou a desenroscar a tapa. Preguntouse canto tempo tería pasado sen que ninguén abrise aquilo, e sorriu ao descubrir unha sombra branca no interior. Dentro había un pequeno rolo de papel. Quitouno con coidado. Non era moi grande, e ao trasluz deixaba ver algunhas manchas de tinta. Desenvolveuno. 27 grupos de 5 letras. Sen sabelo, Harry (ou como se chame), acababa de recuperar unha mensaxe segreda da II Guerra Mundial. Esta:
O noso amigo inglés non entendeu nin papa (diso se trataba), pero pareceulle interesante. Así que chamou ao goberno, e este aos do Servizo de Intelixencia do Reino Unido. Nin idea. Durante dúas semanas, xogaron aos xeroglíficos sen lograr descifrar que poñía o papel. Ata que o fixeron público, por se algún listo lograba dar coa clave do acertixo... E entón, o listo apareceu. En Canadá, en concreto. Historiador, o tío.
Tardou 17 minutos. O tempo que lle levou ir desde o xornal ata aquel libro antigo que o seu tío-avó trouxera da guerra: Libro de Observadores Aéreos do Real Corpo Aéreo Británico, para aplicar as claves que contiña á mensaxe da nosa pomba:
"Golpear a los panzers de Jerry aquí.
Tropas, carros armados, baterías, ingenieros, aquí."
Tropas, carros armados, baterías, ingenieros, aquí."
Asinado polo británico Sarxento Scott, de 27 anos, desde Normandía (Francia), o día 6 de xuño de 1944, ás 15.26 horas. O Día D. O día do Desembarco de Normandía. O sarxento foi listo. Avisaba así aos seus mandos da situación das tropas alemanas. Información urxente e top secret, que enviou por dúas pombas distintas (tamén eso di a mensaxe), a modo de certificado. Non sabemos que pasou coa outra. Pero esta, con retraso ou sen el, cumpriu. Valente e leal como unha pomba de guerra...(Noticia orixinal, AQUÍ).
Interesantísimo...
ResponderEliminarA que si...? E iso que nos falta a versión da protagonista. Se as pombas falasen...
ResponderEliminarÉ verdade! Se as pombas falasen! Pedazo moeda e historia! Calquera de nós estaríamos "coa curiosidade dun neno nun faiado". :-)
ResponderEliminar