Soñaba con poñer Europa aos seus pés . Era un bruto e un estratega. Coñecía todas as tácticas e sabía aplicalas coa precisión dun xogador de xadrez. Espiaba ao inimigo, movía a artillería con intelixencia, xogaba sempre ao ataque, e sabía falarlles aos soldados para motivalos e facelos leais. Enriba, era un Ilustrado. Por iso, cando decidiu ir a Exipto para cortar a ruta comercial entre Inglaterra e a India, non só foi para dar por saco aos ingleses, senón que tamén se levou a unha lexión de científicos. Napoleón era modernidade, pero imposta pola vía das armas e o afrancesamento. Así que, cando invadiu España, aínda que uns poucos sabían que traería os impresionantes logros da Revolución Francesa, o pobo dixo Nanai, Nin falar ... E enfrontouse a el. E vós, que lado elixiriades? Napoleón, ou calquera dos seus rivais? Napoleón Total War . Un videoxogo moi interesante, co que aprender e sentirse dentro da Historia.