Continua carreira por aumentar beneficios. Esa é, xa o sabedes, unha das características básicas do sistema económico capitalista no que vivimos. Esta semana, tratando de explicalo na clase de bacharelato, non era difícil atopar exemplos. Lembrades as técnicas comerciais dos supermercados?:
- Fannos entrar pola dereita da liña de caixas, porque saben que unha vez dentro preferimos circular no sentido contrario ás agullas do reloxo.
- Os carriños da compra desvíanse sempre cara a esquerda para obrigarnos a conducilos con esa man e para que teñamos así a dereita más libre e disposta para coller produtos dos estantes.
- Ademais, os carros teñen o fondo inclinado preto de nós para reducir a sensación de que se van enchendo. Para que coller un carro se non o vas a encher?
- Os produtos máis demandados (auga, leite, carne...) lévanse ao fondo, para poder tentarnos con outras cousas que non prevíamos comprar.
- Os máis caros sitúanse nos estantes á altura de ollos e mans, onde e máis fácil velos e máis cómodo que os collamos; na parte de abaixo, os imprescindibles.
- Os de compra impulsiva, en cambio, colócanse nas caixas, para que piques facendo cola.
- O ancho dos corredores fará que teñamos que parar frecuentemente, quedando expostos en moitas ocasións aos produtos de ambos lados.
- Ata nos prezos, saben que nos atraen máis os que rematan en 5, 7 ou 9...
Todas están citadas no libro Ajuste de Cuentas, de Vicens Castellano. Co mesmo título, Vicens tiña un programa de televisión no que axudaba a familias en apuros económicos, tratando de ensinarlles como se meteran no problema e como debían aprender a saír del. Vicens, reeducábaos. Houbo moitos episodios, e en cada un había un tipo de familia diferente. Pero de todos os que vin, este que vos deixo aquí é un dos meus favoritos. Por diferente e por didáctico. Desta vez, non é un problema de falta de ingresos, pois entre os dous gañan máis de 6.000 euros ao mes, senón dunha falla de control total sobre o gasto e un consumismo que xa veredes ata que punto chega.
Aínda me lembro de estas clases, Miguel. A verdade é que as lembro como se fosen onte. Oxalá os teus novos alumnos as recorden sempre :)
ResponderEliminarOla Samantha! Eu contentome con que as recorden ata os exames... Pero sobre todo ao moverse polo supermercado.
ResponderEliminarAcordome ben das vosas caras ao ver algunha parte do vídeo...