Saltar ao contido principal

Consumismo: exemplo práctico

Continua carreira por aumentar beneficios. Esa é, xa o sabedes, unha das características básicas do sistema económico capitalista no que vivimos. Esta semana, tratando de explicalo na clase de bacharelato, non era difícil atopar exemplos. Lembrades as técnicas comerciais dos supermercados?:
  • Fannos entrar pola dereita da liña de caixas, porque saben que unha vez dentro preferimos circular no sentido contrario ás agullas do reloxo. 
  • Os carriños da compra desvíanse sempre cara a esquerda para obrigarnos a conducilos con esa man e para que teñamos así a dereita más libre e disposta para coller produtos dos estantes.
  • Ademais, os carros teñen o fondo inclinado preto de nós para reducir a sensación de que se van enchendo. Para que coller un carro se non o vas a encher?
  • Os produtos máis demandados (auga, leite, carne...) lévanse ao fondo, para poder tentarnos con outras cousas que non prevíamos comprar.
  • Os máis caros sitúanse nos estantes á altura de ollos e mans, onde e máis fácil velos e máis cómodo que os collamos; na parte de abaixo, os imprescindibles.
  • Os de compra impulsiva, en cambio, colócanse nas caixas, para que piques facendo cola.
  • O ancho dos corredores fará que teñamos que parar frecuentemente, quedando expostos en moitas ocasións aos produtos de ambos lados.
  • Ata nos prezos, saben que nos atraen máis os que rematan en 5, 7 ou 9...
Todas están citadas no libro Ajuste de Cuentas, de Vicens Castellano. Co mesmo título, Vicens tiña un programa de televisión no que axudaba a familias en apuros económicos, tratando de ensinarlles como se meteran no problema e como debían aprender a saír del. Vicens, reeducábaos. Houbo moitos episodios, e en cada un había un tipo de familia diferente. Pero de todos os que vin, este que vos deixo aquí é un dos meus favoritos. Por diferente e por didáctico. Desta vez, non é un problema de falta de ingresos, pois entre os dous gañan máis de 6.000 euros ao mes, senón dunha falla de control total sobre o gasto e un consumismo que xa veredes ata que punto chega.

Comentarios

  1. Samantha29/9/12

    Aínda me lembro de estas clases, Miguel. A verdade é que as lembro como se fosen onte. Oxalá os teus novos alumnos as recorden sempre :)

    ResponderEliminar
  2. Ola Samantha! Eu contentome con que as recorden ata os exames... Pero sobre todo ao moverse polo supermercado.
    Acordome ben das vosas caras ao ver algunha parte do vídeo...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...