Falábavos o venres do orixinal e belísimo anuncio que Vigo fixo para captar viaxeiros e turistas (sector terciario) ingleses, e máis en concreto de Londres, onde agora xa sabedes que hai unha Vigo Street. Se eu fose inglés, despois de ver un vídeo así, mataría por botarme ao Atlántico, despregar velas e tomar polas armas as Cies, a Ría de Vigo e a propia cidade. Como naquela batalla naval de Rande, en 1702.
Gozádeo, porque isto é Galicia. E é noso.
Que interesante, Galicia chegando a todo o mundo. Dando o mellor que ten para atraer turistas, eso espero, que solo sexan turistas. Porque se ven xente para asentarse, Galicia vai perder bastante maxia e frescura, pasaría de o lugar das bruxas e dos montes a un lugar máis ou menos común.
ResponderEliminarGustoume esa última frase: Una ciudad que no se conquista, dónde tú puedes ser el conquistado.
Estou de acordo Denís, pero so en parte.
ResponderEliminarNon sei se vos ten pasado, pero ás veces un atópase xente de fóra máis namorada e implicada en coidar e vender Galicia cá os propios galegos.
Por outra banda, creo que temos o inimigo en casa: a incultura, a desidia, a ignorancia, o gusto pola chapuza e o feísmo, a falta de normas ou de mecanismos reais para que se cumpran, o "ti vai facendo" co que moitos alentan todo isto... Somos nós os que destrozamos Galicia. Aquí está todo feito, o único que facía falla era adecentar, sinalar, dar a coñecer, e meter a menor cantidade posible de cemento.
Porque á maioría dos ingleses, como a nós mesmos ou calquera outro, o que lles gusta é a autenticidade, a natureza, as paisaxes inalteradas, a historia (Rande, Drake, Verne...), a arquitectura entendida como arte, a boa cociña con produtos naturais e de calidade, ou a oportunidade dun ocio divertido pero tranquilo... en fin, todo iso que sempre estivo aí e que o anuncio xuntou tan ben. Se temos claro que a nosa riqueza está en toda esa autenticidade, Galicia será sempre Galicia (e non Salou, por exemplo), por moitas turistas que veñan.
Tamén me gustou moito a última frase. En Vigo están moi orgullosos da súa reconquista da cidade aos exércitos franceses de Napoleón. De aí iso de que "non se conquista"...
Gracias por poñer esto en época de exames ¬¬ ahora teño ganas de tirar con todo e irme para Vigo, mollar os pés á praia... :)
ResponderEliminarE quen non?! Pero non tires aínda nada. Rema duro, que xa se albiscan os tesouros da ría! (xa queda menos para todos).
ResponderEliminarDan ganas de ser conquistado! o vídeo dende logo que o consigue! Gustoume moito, imaxinádesvos un de toda Galicia...sería impresionante!!
ResponderEliminar