Rétovos a non sorrir con esta historia. Pero aviso, perderedes. Cada mañá, desde hai cinco anos, os nenos dun colexio en Madrid agardan como auga de maio polo camión do lixo. Cando este chega, non importa o rebumbio ou o cheiro, todos os nenos corren ata a cerca para ver o espectáculo de espectáculos. E entón baixa el. Un humilde e xenial empregado municipal do servizo de limpeza. E fai isto:
Maxia? Non: empatía, sensibilidade, alegría. E é que todos queremos que nos fagan rir. O mesmo día en que din con esta noticia (un traballo case arqueolóxico nos tempos que corren), lin outra que explicaba que este empregado, asustado pola difusión deste vídeo, solicitara un cambio de rolda para evitar ser despedido; tiña medo. Despois, un comunicado da empresa aclarou que nada diso, que se sentían encantados de ter un empregado así, e que este poderá seguir facendo rir aos nenos do colexio co seu minuto de gloria a base de saúdos, coreografías e cancións. E respirei, coma se fose un neno dese colexio.
Agora que vemos como os bancos e os mercados nos gobernan, cousas coma esta son máis necesarias cá nunca para telo claro. Para saber e ter moi presente, que o mellor da vida non está no que podemos comprar, senón nos xestos que podemos dar a outros. E digo podemos porque, pese ao seu incalculable valor, son gratis. Ironías desta noria na que xiramos... Por certo, quen gañou o reto?
Eu non gañei o reto dende logo! cómo non vas sorrir?!! destas accións estamos moi escasos e é unha alegría ver xestos que non costan tanto facer e que aportan tanto coma pode ser un sorriso.Bravo por él e por eses pequenos tan alegres que lle fan os coros e que agardan coma auga de Maio esa visita tan especial tódalas mañás!
ResponderEliminar"Su cuerpo amarillo
ResponderEliminarabsorbe sin más
Bob Esponja!...
El mejor amigo que
puedas tener.
Bob Esponja!..."
Vaille a canción que nin feita adrede!
Un sorriso, unha mirada, unha palabra... Cantas veces un simple xesto coma este pode cambiar ou mellorar o día das persoas que temos ao redor.
ResponderEliminarCon valor dobre, cando se trata de nenos.
ResponderEliminar