Aquel que dijo "más vale tener suerte que talento" conocía la esencia de la vida.
La gente tiene miedo a reconocer que gran parte de la vida depende de la suerte.
Asusta pensar cuántas cosas se escapan a nuestro control...
En un partido hay momentos en que la pelota golpea el borde de la red, y durante una fracción de segundo puede seguir hacia adelante, o caer hacia atrás.
Match Point detense naquilo que moitas veces non queremos ver. Que, en efecto, hai momentos na vida que non dependen exclusivamente de nós. Momentos nos que todo é cuestión de milímetros ou fraccións de segundo. Instantes mínimos nos que todo pode variar en función dun azar caprichoso e incontrolable. A un lado a vitoria e o sorriso; ao outro a derrota e a tristeza que a acompaña. Por suposto, sempre estará por diante o noso esforzo e a nosa vontade de facer as cousas ben; pero a sorte, é inútil negalo, é un factor máis. E agora, cos exames e as notas a voltas, é un bo momento para renderlle culto.
Non me ía esquecer... Sorte!
Nos exames. E na vida.
Unha desas pelis que marcan, polo menos a min.
ResponderEliminarA primeira vez que a vin quedei coa boca aberta ante a última escena... ese anillo que pode cambiar o destino de tantos dependendo do lado do que caera...
Tamén, coma ti C., me sinto marcado por esta película.
ResponderEliminarGústame o modo sinxelo e orixinal de empezar; a súa historia circular; as interpretacións (logras coñecelos, odialos, entendelos ou sufrir con eles); gústame o retrato grotesco da ambición cando esta pasa por riba dos valores e do sentido común; gústame a terrible espiral de sedución entre os protagonistas; a caricatura desa familia pija e ben á que lle sobran os cartos pero non as luces; e sobre todo, gústame ese clima de estrés e ansiedade que vai medrando a ritmo de ópera italiana durante toda a película, ata desembocar no clímax dantesco e radical no que remata. E o que segue: esa volta maxitral ao principio na escena do anel que non cae ao río; a paradoxa detectivesca, e, por suposto, ese seco golpe de azar no que remata todo... confirmando así, en toda súa complexidade, a simple hipótese inicial.
¿Xa dixen que é unha peli que me gusta?
Tes moita razón, profe. Moitas cousas na vida, aínda que non nos guste, corren a conta da sorte.
ResponderEliminarHai cousas que por moito que queiramos non sempre van ser como a nós nos gustaría que foran.
Un dos exemplos máis claros vivimolo o outro día na clase: un non decide onde nace, quen son os seus pais nin como vai a ser a súa vida. E temos que dar as gracias por que a nosa vida sexa como é. Ás veces dicimos que nos gustaría que a nosa vida fora diferente, pero non nos damos conta de que podería ser moito peor...
GRACIAS pola clase do outro día :)
Gosto diso, Samantha :)E sí, profe, moitas gracias, foi xenial! E índa que o mellor non nos volvamos a ver, sempre te recordaremos como o mellor profe de Sociais!
ResponderEliminarHoxe, inevitablemente, deitareime cun sorriso grande. Porque non todos os días un ten o privilexio de ler un texto tan conmovedor, persoal e tan ben escrito coma este, Samantha. Non todos os días un logra sorprender e chegar a vós con cousas importantes. E se o logra, non ten a sorte de que llo digan así.
ResponderEliminarO AGRADECEMENTO, Silvia, Samantha e todas (sodes maioría aplastante) as demais, é mutuo. Porque para min esta tamén foi unha clase grande e especial. E sen alumnos coma vós, por moito que eu quixera, nunca tería saído así de ben.
E sabendo que tantas cousas dependen do azar, tamén penso que foi unha sorte que me tocara estar con vós este curso; ese día polo menos, a pelota si seguiu cara adiante.
Oh, que bonito :) Nunca olvides que nós tamén agredeceremos toda a nosa vida que nos tocara nesa clase e que ti foras o noso profesor. Porque demostraste que nas clases podes aprender moitas cousas, pero tamén pasalo en grande. Eu, polo menos, teño claro que nunca vou a olvidar estas clases =)
ResponderEliminarQueredes que chore, ou que?
ResponderEliminarEstou pelexándome co video de Lucía e as fotos de Paula. A ver se na fin de semana logro subir algunha imaxe da experiencia a esta barca. Traballaron moi moi ben, vanvos gustar.
Por certo, no vídeo de Match Point, hai un momento no que o protagonista sae de debaixo dunha ponte para dirixirse á beira do río. Na parede da ponte, vense dúas imaxes impresas:
ResponderEliminarUnha é o logo dos anarquistas (os que vistes "La Ola", sabédelo ben).
A outra está xusto ao lado, e ten máis cor. Pero o chamativo dela, aparte do seu "terrorismo poético" (é unha pintada si, pero poética) é que forma parte dunha historia ben curiosa. Que quizá mereza unha moeda propia.
Recoñecedes ese grafiti, e outros semellantes? Sónavos Banksy?
Non queremos que chores jeje xa chorei eu lendo o que escribiste antes :) Pero é a verdade: BOTARÉMOSTE MOITÍSIMO DE MENOS!!
ResponderEliminarE eu a vós. Non teñades nin unha dúbida sobre iso. Seguro.
ResponderEliminarDe todos modos, virán outros profes, e será unha gran sorte, porque de todos sacaredes cousas boas. Seguro, tamén.
Xa falta menos para colgar a actividade en Caronte! Creo que hoxe cae!!!
Xa sabemos que virán outros profes novos, que esperamos que nos ensinen moitas cousas, pero está claro que como as túas clases non haberá ningunha!! Porque como os teus chistes... NINGÚN! =)
ResponderEliminar