13/06/12

Match Point: o peso da sorte

13/06/12

Aquel que dijo "más vale tener suerte que talento" conocía la esencia de la vida. 
La gente tiene miedo a reconocer que gran parte de la vida depende de la suerte. 
Asusta pensar cuántas cosas se escapan a nuestro control...
En un partido hay momentos en que la pelota golpea el borde de la red, y durante una fracción de segundo puede seguir hacia adelante, o caer hacia atrás. 
Con un poco de suerte sigue hacia delante, y ganas; o no lo hace, y pierdes...


Match Point detense naquilo que moitas veces non queremos ver. Que, en efecto, hai momentos na vida que non dependen exclusivamente de nós. Momentos nos que todo é cuestión de milímetros ou fraccións de segundo. Instantes mínimos nos que todo pode variar en función dun azar caprichoso e incontrolable. A un lado a vitoria e o sorriso; ao outro a derrota e a tristeza que a acompaña. Por suposto, sempre estará por diante o noso esforzo e a nosa vontade de facer as cousas ben; pero a sorte, é inútil negalo, é un factor máis. E agora, cos exames e as notas a voltas, é un bo momento para renderlle culto.

Non me ía esquecer... Sorte! 
Nos exames. E na vida.

Recibe os contidos no teu correo

11 comentarios

  1. Unha desas pelis que marcan, polo menos a min.
    A primeira vez que a vin quedei coa boca aberta ante a última escena... ese anillo que pode cambiar o destino de tantos dependendo do lado do que caera...

    ResponderEliminar
  2. Tamén, coma ti C., me sinto marcado por esta película.

    Gústame o modo sinxelo e orixinal de empezar; a súa historia circular; as interpretacións (logras coñecelos, odialos, entendelos ou sufrir con eles); gústame o retrato grotesco da ambición cando esta pasa por riba dos valores e do sentido común; gústame a terrible espiral de sedución entre os protagonistas; a caricatura desa familia pija e ben á que lle sobran os cartos pero non as luces; e sobre todo, gústame ese clima de estrés e ansiedade que vai medrando a ritmo de ópera italiana durante toda a película, ata desembocar no clímax dantesco e radical no que remata. E o que segue: esa volta maxitral ao principio na escena do anel que non cae ao río; a paradoxa detectivesca, e, por suposto, ese seco golpe de azar no que remata todo... confirmando así, en toda súa complexidade, a simple hipótese inicial.

    ¿Xa dixen que é unha peli que me gusta?

    ResponderEliminar
  3. Samantha15/6/12

    Tes moita razón, profe. Moitas cousas na vida, aínda que non nos guste, corren a conta da sorte.
    Hai cousas que por moito que queiramos non sempre van ser como a nós nos gustaría que foran.
    Un dos exemplos máis claros vivimolo o outro día na clase: un non decide onde nace, quen son os seus pais nin como vai a ser a súa vida. E temos que dar as gracias por que a nosa vida sexa como é. Ás veces dicimos que nos gustaría que a nosa vida fora diferente, pero non nos damos conta de que podería ser moito peor...
    GRACIAS pola clase do outro día :)

    ResponderEliminar
  4. Silvia15/6/12

    Gosto diso, Samantha :)E sí, profe, moitas gracias, foi xenial! E índa que o mellor non nos volvamos a ver, sempre te recordaremos como o mellor profe de Sociais!

    ResponderEliminar
  5. Hoxe, inevitablemente, deitareime cun sorriso grande. Porque non todos os días un ten o privilexio de ler un texto tan conmovedor, persoal e tan ben escrito coma este, Samantha. Non todos os días un logra sorprender e chegar a vós con cousas importantes. E se o logra, non ten a sorte de que llo digan así.

    O AGRADECEMENTO, Silvia, Samantha e todas (sodes maioría aplastante) as demais, é mutuo. Porque para min esta tamén foi unha clase grande e especial. E sen alumnos coma vós, por moito que eu quixera, nunca tería saído así de ben.

    E sabendo que tantas cousas dependen do azar, tamén penso que foi unha sorte que me tocara estar con vós este curso; ese día polo menos, a pelota si seguiu cara adiante.

    ResponderEliminar
  6. Samantha15/6/12

    Oh, que bonito :) Nunca olvides que nós tamén agredeceremos toda a nosa vida que nos tocara nesa clase e que ti foras o noso profesor. Porque demostraste que nas clases podes aprender moitas cousas, pero tamén pasalo en grande. Eu, polo menos, teño claro que nunca vou a olvidar estas clases =)

    ResponderEliminar
  7. Queredes que chore, ou que?

    Estou pelexándome co video de Lucía e as fotos de Paula. A ver se na fin de semana logro subir algunha imaxe da experiencia a esta barca. Traballaron moi moi ben, vanvos gustar.

    ResponderEliminar
  8. Por certo, no vídeo de Match Point, hai un momento no que o protagonista sae de debaixo dunha ponte para dirixirse á beira do río. Na parede da ponte, vense dúas imaxes impresas:
    Unha é o logo dos anarquistas (os que vistes "La Ola", sabédelo ben).

    A outra está xusto ao lado, e ten máis cor. Pero o chamativo dela, aparte do seu "terrorismo poético" (é unha pintada si, pero poética) é que forma parte dunha historia ben curiosa. Que quizá mereza unha moeda propia.

    Recoñecedes ese grafiti, e outros semellantes? Sónavos Banksy?

    ResponderEliminar
  9. Samantha16/6/12

    Non queremos que chores jeje xa chorei eu lendo o que escribiste antes :) Pero é a verdade: BOTARÉMOSTE MOITÍSIMO DE MENOS!!

    ResponderEliminar
  10. E eu a vós. Non teñades nin unha dúbida sobre iso. Seguro.

    De todos modos, virán outros profes, e será unha gran sorte, porque de todos sacaredes cousas boas. Seguro, tamén.

    Xa falta menos para colgar a actividade en Caronte! Creo que hoxe cae!!!

    ResponderEliminar
  11. Samantha17/6/12

    Xa sabemos que virán outros profes novos, que esperamos que nos ensinen moitas cousas, pero está claro que como as túas clases non haberá ningunha!! Porque como os teus chistes... NINGÚN! =)

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK