3º B, uséase, "o meu terceiro". Clase de Xeografía, un día calquera do pasado mes de marzo:
-Por certo, ¿cando era que vos iades de excursión a París?
-O día 23!!!
E aló foron. Chegaron, viron, venceron... E cumpriron, vaia se cumpriron:
-Por certo, ¿cando era que vos iades de excursión a París?
-O día 23!!!
-Vale. Unha pregunta: ¿Cantos de vós nunca enviastes por correo unha postal? -a metade da clase ergue a man-. Pois quero que me enviedes unha... Pero iso si: por favor! Que sexa orixinal!
E aló foron. Chegaron, viron, venceron... E cumpriron, vaia se cumpriron:
É unha postal incriblemente fermosa (por ambas caras), desas que gardarei coma un tesouro...
(máis aló da miña teima coas vacas, ese animal grandullón e de mirada doce).
A segunda non deixa lugar a dúbidas do fermoso destino da viaxe.
Como diría Humphrey Bogart en Casablanca, Sempre teremos París...
¿Poñémoslle música? (clic AQUÍ... Amèlie, por suposto!)
¿Nótase que me gustaron? Grazas!
Qué bonitas!!! e qué recordo tan especial! Eu colecciono postais, teño catro caixas!! encántanme e sobre todo, de vez en cando botar un vistazo nelas e sorrir lendo e vendo os sitios dende onde mas envían ou de onde mas traen, grazas a tod@s os que vos lembrásteis de min e da miña colección!. Hai tempo, nun deses momentos nos que colles unha das caixas cheas ata arriba de postais e de recordos! vin unha que me emocionou moitísimo, escribíame o meu irmán dende a casa da miña avoa, tras as súas letras cariñosas e tamén simpáticas, escribía a miña avoa, encontrar a súa letra, as súas palabras cheas de cariño foi máis que emocionante, moi especial. Así que Miguel gárdaas coma ouro en paño, calquera día dentro duns anos, descubríralas, nunha caixa e faránche sorrir... e emocionarte.
ResponderEliminarDe momento non as gardo, gústame moito velas!
ResponderEliminarEstou pensando que o que empurra a vaca debe ser o condutor do tranvía... ou será o dono e virá da feira? Leva un señor traxe!
¡Profe! A postal "enviámoscha" para que cando dentro duns anos a vexas, recordes que no 2012 tuveste nunha clase a unhas rapazas ás que conseguiste que as Ciencias Sociais lles encantara e as cales dámosche as gracias por ser o noso profe.
ResponderEliminarEsperamos que nunca te esquezas de nós (as Sugus, jeje)!
PD: Aquí tes a "miguiña de pan" que pedías.
Bueno profe,mandastenos poñer unha miguiña de pan e aquí o estamos a facer.Estamos moi contentas de que che gustaran as postais,fumos as únicas que nos acordamos e nos preocupamos de buscalas.Que sepas que chas escribimos as tres da mañá jaja.Esperamos que te acordes de nos sempre (as Sugus)!
ResponderEliminarSorriso.
ResponderEliminarQuizá non volo pareza, pero acordaríame de vós incluso sen postal. Podedes estar seguras. Iso si, non vou negar que tras as postais lembrareivos aínda con máis motivo.
Temos pendente unha excursión (en maio!). Non é a París, claro, pero xa farei por lograr que vos quede a todos (inclúome) unha postal inolvidable. Preparádevos para patear!
Por certo: Non pedín, non mandei; Suxerín, convidei (cámbiache o conto!). Tiña moitas ganas de vervos enroladas por fin na selecta tripulación de Caronte! Xa ía tocando!
Grazas polo cumprido.
Grazas polas miguiñas.
Hola profe!! :) Pois eso, que eu tamén quero deixar unhas miguiñas de pan jaja :D Estou de acordo con Samantha, e por certo, moi chula a entrada das postales! Seguro que cando sexas mallor e as vexas, lembraraste de todas as clases! Moitas grazas por ser o noso profe!! :)
ResponderEliminarOla Silvia!
ResponderEliminarGústame iso de "cando sexas maior...".
Creo que, co tempo, vós tamén vos acordaredes da busca e achádego das postais en pleno París, e desa noite ás tres da mañá escribindo nelas... e incluso é probable que queirades pasar por Caronte para volver a velas. E reatoparnos.
Ao fin e ao cabo niso consiste este blog: en compartir moedas... e miguiñas.
Bueno con tantas miguiñas imos facer un bolo enteiro pero é o mesmo...mentras elas escribian as postais eu estaba durmindo(todo hai que dicilo)pero fun eu quen a descubreu :)Dentro duns anos volveremos todos aquí para recordar as clases de xeografía e a viaxe a Paris.Alégrome moito de que che gustasen e espero que as gardes ben.
ResponderEliminarPD: eu aínda non sei a donde nos levas de excursión...
Por certo con tantas Lucías na clase olvidouseme poñer que son Lucía Otero jajajajaja=)
ResponderEliminarBuenas profe!!
ResponderEliminarPois non sei que dicir, elas xa me roubaron todo. Pero aínda así direi que foi un pracer "enviarche" a postal.
E sobre o da excursión, ídeme preparando un bo pastel!!
Creo que cunhas cantas miguiñas máis o conseguiredes, ademáis do bolo de pan de Lucía, claro está :)
Grazas por darnos clase este ano!!
Vedes?
ResponderEliminarAntes de todos os vosos comentarios, esta entrada "Lucía" pouco"; agora, Lucías incluídas (e Sandra, e Samantha, e Paula, e Silvia), luce como o propio París... Bueno, ou case.
Nada como as vosas visitas e comentarios para mellorar e encher de vida un blog. O rosmón de Caronte estaría cabreadísimo se tivera que remar para tanta xente nunha soa viaxe; pero el non sabe que son precisamente as vosas miguiñas, as que converten cada entrada publicada nunha moeda para a vida.
Así que grazas a vós!
Porque xa temos máis preto ese bolo-pastel!
E porque as clases disfrútanse cando hai alumnos coma vós.
Sobre a excursión: aquí e na aula, moi pronto teredes toda a información!
Hoxe ó abrir "Google" vin unhas fotos en homenaxe a Robert Doisneau, deíxovos o enlace dunha imaxe dunha das súas fotos preciosas! ou se poñedes en google o seu nome e imaxes xa a vedes, unha foto antiga de París, na Torre Eiffel moi chula,cuns nenos en bici e patíns, sería unha postal preciosa tamén, verdade?!
ResponderEliminar*Como o enlace é moi longo, buscédeo mellor do outro xeito que vos decía. :-)
PD: Menudo bolo de pan!!, eu comía agora mesmo o bolo e o pastel!! jeje!
Pois pouco a pouco OS comentarios van crecendo...Sandra non sei quen es pero eu tamen vin esas fotos ao entrar en google e tes toda a razón,calquera daquelas foto sería unha postal fermosa pero non tan orixinal coma a da vaca ;)
ResponderEliminarPD: pois eu teño curiosidade por saber a donde nos vas levar profe
Pois xa hai resposta (sen nome, pero con pistas) na nova entrada do blog. A ver ser vos gusta!
ResponderEliminarei profe nn solo te acordes das k foron a paris k a outrea mita kedou na clase k tubemos mirando a peli
ResponderEliminarAcórdome, acórdome, Almudena!
ResponderEliminarPero as postais ben merecían unha entrada, non?
Por certo, a peli que vimos ("En busca de la felicidad") tamén ten un oco tres entradas antes cá esta (clic abaixo de todo, en "entradas antiguas"). Unha peli con moitas escenas aproveitables (aconsélloa aos que estaban en París!).
sa a vin e verda as postales estan chulas
ResponderEliminare sale unha baca sempre tas falando da leite en galicia
e acordoulle
jejejejeje
Almudena, non é por nada, pero a nosa postal tiña fotografiada unha VACA non unha BACA, por agora non estamos tan interesadas nos coches... jeje
ResponderEliminarPD: sen ánimo de ofender, eh :)
jajajaja iso tamen é verdade Almudena!!
ResponderEliminarperdon foi sin querer escribino rapido e escapoume .
ResponderEliminarpsdt lo siento
Non te preocupes, Almudena. Un erro teno calquera, non?
ResponderEliminarIso si, -0,10!!