13/12/11

"Prepárense para o impacto"

13/12/11

Lembrádesvos deste avión? Era o 15 de xaneiro de 2009, e nós estábamos en clase cando un piloto en apuros logrou pousar un enorme avión sobre as xeadas augas do río Hudson. Clic para ver!


Ese día, un avión de pasaxeiros que partira de Nova Iork tivo que xogarse o todo polo todo intentando amerizar sobre o enorme río Hudson. Acababan de despegar tan só había tres minutos. Pero de repente o avión empezou a vibrar (clac-clac-clac-clac...), comezou a aliñarse lentamente co curso do río, apagáronse os motores e, no abismo do silencio que quedou e coa nada baixo os pes, o piloto pronunciou por megafonía as catro palabras que nunca pensamos que teremos que escoitar na vida: "Prepárense para o impacto"

Sobre o que puideron pensar os que a esas horas (tres da tarde) navegaban, a vela ou motor, apaciblemente por esas augas, nada sei; pero imaxinade o que neses momentos puideron vivir os que ían aló dentro pechados, sen unha pista de aterraxe á vista, sabendo que descendían cara a morte e sen máis ruído que o do vento e a auga impactando furiosos contra a fuselaxe do avión. Pero houbo sorte: o piloto bordouno, e non morreu nin unha soa das 155 persoas que ían a bordo. 

E ese día, nese mesmo avión, durante eses mesmos segundos, Ric Elias aprendeu para sempre as tres cousas que todos deberíamos saber para ver e vivir do xeito adecuado a nosa vida. E sóbranlle tres minutos para contalo. Para contalo ben. Que non se nos olvide:

Recibe os contidos no teu correo

5 comentarios

  1. elvira14/12/11

    Que medo e que experiencia tan brutal!

    ResponderEliminar
  2. Desde logo, Elvira.
    A min xa me resulta difícil imaxinar o que puido ser estar alí, e ver ese pedazo de bicho baixar en silencio cara o río, para canto máis dar imaxinado o que se tivo que vivir, sentir e sufrir aló dentro.
    Supoño que moitos non durmiron ese día. Do susto... ou de felicidade.

    ResponderEliminar
  3. Eu non oira falar desta historia ou polo menos non me acordaba, pero o outro día vendo El Hormiguero, e vendo como Pablo Motos relataba a historia deste home quedeime moi impactada. Fixome pensar moito a frase coa que acabou o seu discurso: Realmente somos todo o boas persoas que podemos ser?

    ResponderEliminar
  4. Ola Nerea! É certo que esa frase invita a pararse un momento a reflexionar.
    Steve Jobs contaba que el facía cada mañá a mesma pregunta cando se miraba ao espello: ¿Gústame o que vou a facer no día de hoxe? E se a resposta era non durante moitos días seguidos, sabía que tiña que cambiar.

    ResponderEliminar
  5. Sandra19/12/11

    Eu penso que quedo inconsciente do susto!!
    Sempre que nos pasa algo malo, dámonos conta das cousas que verdadeiramente importan, pero moitas veces non as temos en conta no día a día, cando estamos ben, e hai que te-las, porque só así conseguiremos ser mellor persoas e ser máis felices.
    PD: BO NADAL A TOD@S!!!! E FELIZ 2012!!!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK