De pequeno íanme as preguntas curiosas. Encantábanme este tipo de libros. E había tempo que non me reatopaba con un así. Foi remexendo un pouco na biblioteca do instituto, en Vilalonga. Escollino, abrín polo medio, e atopeime preguntas boísimas... Algunhas coñecidas e outras non. Así que secuestreino, e xa na casa sometino a interrogatorio. E alí, lendo e rindo a partes iguais, entendín que o que fai grande a estas preguntas, é precisamente o curiosa e cínica que soe ser a resposta. Como a Historia. Como a Vida.
O "Y" é realmente grego?
Por que calzo un 42 se os meus pes non miden 42 centímetros?
Por que se regalan ovos na Pascua?
Que país é o único do mundo que non pon o seu nome nos selos de correos?
Por que non houbo día 5 de outubro de 1582 nalgúns países?
Por que no teclado as letras non están por orde alfabética?
Que significa en realidade BMW?
Por que o maillot amarelo do Tour de Francia é amarelo?
De onde vén o nome do osiño Teddy?
Como é que o símbolo do dólar é unha S e non unha D?
Por que do, re, mi, fa, sol, la, si... se chaman así?
TODAS AS RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS QUE NUNCA TE FIXECHES
MÁIS RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS QUE NUNCA TE FIXECHES
Philippe Nessmann e Nathalie Choux
jajajaja! qué bo!!! pídomo para este Nadal!!!
ResponderEliminarO do símbolo do dólar non é só unha boa pregunta, tamén ten unha interesantísima resposta, e senon que llo digan ao que estaba sentado ao meu lado cando o señor Lopo nos explicou esto na clase, Candela non salía do seu asombro.
ResponderEliminar:)
Podo dicirvos que a resposta á pregunta do dólar, en efecto, é das miñas favoritas, como apunta Candela. Pero como esa de sorprendentes, polo menos unhas vinte. Xa vedes que con este libro podedes adiantarvos ao Señor Lopo e aos tempos da universidade!
ResponderEliminarSandra, son dous libros! Tes para Nadal e Reis.
Relacionado con esto unha curiosidade que non sei se ven nese libro e que Teresa de Xesús, que morreu o 4 de outubro de 1582 foi enterrada o día 15 do mesmo mes, ainda que en realidade era o día seguinte.
ResponderEliminarOla Elvira. Pois aínda que non menciona o caso de Santa Teresa, si que explica moi ben o que pasou nese ano para que de golpe desapareceran varios días do almanaque nese ano de 1582. E é que como di a contraportada, este é un libro para "coller nas patacas" a pais e profes...
ResponderEliminarFalamos de tantas cousas e creemos saber tanto, que preguntas sobre temas tratados cotidianamente somos imposibles de responder.
ResponderEliminarAsi é o ser humano, o que sabe, sabeo pero non sabe porque o sabe. jeje