Saltar ao contido principal

Preguntas que ¿nunca? te fixeches

De pequeno íanme as preguntas curiosas. Encantábanme este tipo de libros. E había tempo que non me reatopaba con un así. Foi remexendo un pouco na biblioteca do instituto, en Vilalonga. Escollino, abrín polo medio, e atopeime preguntas boísimas... Algunhas coñecidas e outras non. Así que secuestreino, e xa na casa sometino a interrogatorio. E alí, lendo e rindo a partes iguais, entendín que o que fai grande a estas preguntas, é precisamente o curiosa e cínica que soe ser a resposta. Como a Historia. Como a Vida.


O "Y" é realmente grego? 
Por que calzo un 42 se os meus pes non miden 42 centímetros? 
Por que se regalan ovos na Pascua? 
Que país é o único do mundo que non pon o seu nome nos selos de correos?
Por que non houbo día 5 de outubro de 1582 nalgúns países?
 Por que no teclado as letras non están por orde alfabética? 
Que significa en realidade BMW?
Por que o maillot amarelo do Tour de Francia é amarelo?
De onde vén o nome do osiño Teddy?
Como é que o símbolo do dólar é unha S e non unha D?
Por que do, re, mi, fa, sol, la, si... se chaman así?

TODAS AS RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS QUE NUNCA TE FIXECHES
MÁIS RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS QUE NUNCA TE FIXECHES
Philippe Nessmann e Nathalie Choux

Comentarios

  1. Sandra23/11/11

    jajajaja! qué bo!!! pídomo para este Nadal!!!

    ResponderEliminar
  2. O do símbolo do dólar non é só unha boa pregunta, tamén ten unha interesantísima resposta, e senon que llo digan ao que estaba sentado ao meu lado cando o señor Lopo nos explicou esto na clase, Candela non salía do seu asombro.

    :)

    ResponderEliminar
  3. Podo dicirvos que a resposta á pregunta do dólar, en efecto, é das miñas favoritas, como apunta Candela. Pero como esa de sorprendentes, polo menos unhas vinte. Xa vedes que con este libro podedes adiantarvos ao Señor Lopo e aos tempos da universidade!

    Sandra, son dous libros! Tes para Nadal e Reis.

    ResponderEliminar
  4. Elvira25/11/11

    Relacionado con esto unha curiosidade que non sei se ven nese libro e que Teresa de Xesús, que morreu o 4 de outubro de 1582 foi enterrada o día 15 do mesmo mes, ainda que en realidade era o día seguinte.

    ResponderEliminar
  5. Ola Elvira. Pois aínda que non menciona o caso de Santa Teresa, si que explica moi ben o que pasou nese ano para que de golpe desapareceran varios días do almanaque nese ano de 1582. E é que como di a contraportada, este é un libro para "coller nas patacas" a pais e profes...

    ResponderEliminar
  6. Falamos de tantas cousas e creemos saber tanto, que preguntas sobre temas tratados cotidianamente somos imposibles de responder.
    Asi é o ser humano, o que sabe, sabeo pero non sabe porque o sabe. jeje

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...