Hoxe súmome ás miñas veciñas de tecla do blog diasdesolechoiva, á hora de avergoñarme e de denunciar os lamentables aportes (¿como chamalos?) da humanidade ao universo. Recoméndovos encarecidamente que vexades o segundo dos vídeos que alí publican. Porque non hai palabras para describir algo así. Que unha nena de apenas catro anos sexa atropelada por un camión, que o condutor pare e decida seguir coma se nada pasando outra roda por riba do corpo, que os peóns esquiven á agonizante criatura desviando a mirada e os pasos, ou que ninguén pegue un berro para espertar a pasividade de tanto imbécil, son cousas que lle fan a un baixar a cabeza e clamar por un meteorito que nos revente a todos.
Para sumarme, hoxe retomo a palabra deforestación. Porque o maltrato non sempre é entre nós, senón tamén con todo o que ten vida. Non fai falta ir moi lonxe para velo. Os montes de Ourense (incluídos os Parques Naturais de Xurés e do Invernadoiro e todas as especies animais e vexetais que teñen alí a súa casa) levan catro días devastados por inmensos incendios que o están carbonizando todo e son so responsabilidade nosa. Como era de agardar, todos os lumes foron coidadosamente plantados (que contradición empregar esta palabra) ao pouco de que a Xunta prescindise das brigadas. A vaga de calor e a falta de chuvia que vivimos está a poñer o resto.
Fonte: El País e Greenpeace |
Quedaremos desertizados, como a meseta. Que non haxa dúbidas. É cuestión de moi poucos anos. A este ritmo, entre o abandono do rural e tanto paletoide incendiario, a todos nos tocará velo e vivilo: montes máis pelados que unha pedra, ausencia total de vexetación e vida animal, ríos sen auga, carencia de fontes e nin unha triste sombra para gardarse dun Sol que, sen dúbida, ténnola gardada. Sen contar a posibilidade das vítimas entre os que se xogan a vida para apagar o lume (clic para ver).
Lembrades o verán do 2006? 1.970 incendios forestais e non aprendimos nada. E así acabaremos. Queimados. Como a terra.
Primeiro moitas grazas por ler o artigo, gustaríame mostrar unha pardoxa con este vídeo, o cal saíu nas noticias un día despois ao tráxico accidente http://www.youtube.com/watch?v=qUOsu896Nys sinceramente descoñecía que o valor da vida tamén se sometera a lei da oferta e a demanda, canta espectación provocan estas criaturas, e que pouco valor ten unha nena.
ResponderEliminarEn canto ao tema da deforestación, e tamén aplicabbe a todo aquilo sobre o que incidimos... creo que non somos conscientes de que o mundo non é noso, senon que formamos parte del. Actuamos como bolboretas, que ao bater as alas repercutimos en mil cousas que á súa vez o farán a outras mil, pero o noso egocentrismo non nos permite ver máis aló de nos mesmos. O paisano e o seu único medio de subsistencia, os animais e as persoas que vivían deles... un incendio non acaba cun monte, acaba coa xente que depende del, e aquela que a súa vez depende desta xente... camiñamos cos ollos pechados.
Que ben traído ese segundo vídeo ao que nos dirixe o teu comentario, Marcela. Que contraste tan difícil de entender. Canto interese pola vida cando está tras un vidro, e canto desdén cando non.
ResponderEliminarEn realidade o humano sempre foi así: egoísta por natureza. E case todos os males do mundo se explican por iso. Pero hoxe ao noso egoísmo súmanselle as présas. Porque vivimos con tanta présa, que nin sequera atopamos o tempo para deternos a pensar se somos como desexábamos ser. Por iso, se alguén nos gravase cunha cámara no día a día, e despois puidésemos vernos nunha pantalla, dificilmente atoparíamos a alguén plenamente satisfeito de si mesmo.
Se ves a rueda de prensa en youtube (1h) de Tinieblas Gonzalez (director de cine) que fala sobre a industria cinematografica espanola...seguro que dá para reportaxe no teu blog. O que naide se atreveu a escupir... el nolo escupe á cara. Que grande!
ResponderEliminarBoísimo, Denís. Un valente cunha causa digna, que merece difusión e entrada propia. Gracias!
ResponderEliminarLevo días intentando escribrir un comentario nesta entrada,quero dicir tantas cousas en tan pouco espazo que decidín resumilo nunha palabra de moda xustificada nestes tempos: INDIGNADA!
ResponderEliminar