É unha unha vergoña o pouco que sabemos do mar, neste país con miles de quilómetros de costa, cunha tradición pesqueira incuestionable, e na que o marítimo é tan importante. De aí que a inmensa maioría non sepamos o significado de palabras como botavara, sotavento, foque, milla, driza, obenque; pensemos que os veleiros e a posibilidade de navegar son só para os ricos; non saibamos valorar a vela como deporte; ou mesmo consideremos que o pescado é caro. Por isto e tamén polos libros que leo, nos que o mar sempre é promesa de liberdade, aventura e (tamén) perigo, levo anos querendo aprender a navegar en veleiro
E aí estou. De momento levo nove horas de navegación, e hoxe sumareille tres máis. Sempre na ría de Vigo, nun veleiro de seis metros, e acompañado por un monitor, que me ensina o vocabulario e a arte de saber cazar os ventos, e de facer maniobras a toda trapo (nunca mellor dito) para que o barco non perda velocidade. Como non teño onde poñer a cámara, a gravación vai entre manobra e manobra, co barco escorado e navegando cuns nove ou dez nudos de vento. A Julio, exalumno do Rosal e que lle dá de medo á vela lixeira, isto vaille saber a moi pouco, pero de momento son as únicas imaxes das que dispoño para compartir aquí. Animádesvos?
eu vou..pro co neumático ó lado!!mlp
ResponderEliminarPois po próximo vran conta con catro tripulantes!!!!
ResponderEliminarO número xusto para as maniobras. Ide facende brazo!
ResponderEliminarRemade vós, eu vou en plan relax!!!
ResponderEliminarOu o que sexa.... q non tou familiarizada con termos mariños... eu son de SACHO!!!
ResponderEliminarJajaja! Non hai que remar! Pero vale: "aceptamos barco como animal acuático".
ResponderEliminarPero ti, de donde sacas o tempo? Cando Fran se entere, conta con outro tripulante! Eu son máis de terra firme, así que eu ocúpome das fotos da partida e da chegada ( que tes que ter desde todas as perspectivas ;-) bicos
ResponderEliminarAlégrome! Xa temos reportaxe asegurada, e unha tripulación famenta de mar. Agora só nós faltan dúas cousiñas de nada: o veleiro, e un capitán como dios manda... Mlp encárgase dos salvavidas!
ResponderEliminarBueno,se me toca a lotería..eu poño o veleiro,pero coma Mónica eu quedo en terra,axudando coa reportaxe fotográfica,jajaja!!E que mellor capitán,ca ti!!no teu cumpre,que está ó caer...tes asegurada a gorra de capitán!!!jajaja!
ResponderEliminarrecordas cando che dixemos alba e eu na clase, qe o noso libro poñia(no apartado da pesca)gústalle moito, tiña razón qen escribiu eso, e decias qe non...
ResponderEliminarsempre mar e vigo!jeje!
avisa cando teñas veleiro propio ;)
Ola Jeanette! Acordo, acordo (e sorrío moito ao acordarme)... Se cambiamos "pesca" pola palabra "mar", quen apuntou iso apuntouno ben.
ResponderEliminarCando teña veleiro aviso! E por suposto, se vos atrevedes, quedades convidados a unha travesía. Como non!