Saltar ao contido principal

A todo trapo

É unha unha vergoña o pouco que sabemos do mar, neste país con miles de quilómetros de costa, cunha tradición pesqueira incuestionable, e na que o marítimo é tan importante. De aí que a inmensa maioría non sepamos o significado de palabras como botavara, sotavento, foque, milla, driza, obenque; pensemos que os veleiros e a posibilidade de navegar son só para os ricos; non saibamos valorar a vela como deporte; ou mesmo consideremos que o pescado é caro. Por isto e tamén polos libros que leo, nos que o mar sempre é promesa de liberdade, aventura e (tamén) perigo, levo anos querendo aprender a navegar en veleiro

E aí estou. De momento levo nove horas de navegación, e hoxe sumareille tres máis. Sempre na ría de Vigo, nun veleiro de seis metros, e acompañado por un monitor, que me ensina o vocabulario e a arte de saber cazar os ventos, e de facer maniobras a toda trapo (nunca mellor dito) para que o barco non perda velocidade. Como non teño onde poñer a cámara, a gravación vai entre manobra e manobra, co barco escorado e navegando cuns nove ou dez nudos de vento. A Julio, exalumno do Rosal e que lle dá de medo á vela lixeira, isto vaille saber a moi pouco, pero de momento son as únicas imaxes das que dispoño para compartir aquí. Animádesvos?



Comentarios

  1. eu vou..pro co neumático ó lado!!mlp

    ResponderEliminar
  2. cristina garcía queijo2/9/11

    Pois po próximo vran conta con catro tripulantes!!!!

    ResponderEliminar
  3. O número xusto para as maniobras. Ide facende brazo!

    ResponderEliminar
  4. cristina garcía queijo2/9/11

    Remade vós, eu vou en plan relax!!!

    ResponderEliminar
  5. Cristina García Queijo2/9/11

    Ou o que sexa.... q non tou familiarizada con termos mariños... eu son de SACHO!!!

    ResponderEliminar
  6. Jajaja! Non hai que remar! Pero vale: "aceptamos barco como animal acuático".

    ResponderEliminar
  7. Mónica Pérez Legaspi2/9/11

    Pero ti, de donde sacas o tempo? Cando Fran se entere, conta con outro tripulante! Eu son máis de terra firme, así que eu ocúpome das fotos da partida e da chegada ( que tes que ter desde todas as perspectivas ;-) bicos

    ResponderEliminar
  8. Alégrome! Xa temos reportaxe asegurada, e unha tripulación famenta de mar. Agora só nós faltan dúas cousiñas de nada: o veleiro, e un capitán como dios manda... Mlp encárgase dos salvavidas!

    ResponderEliminar
  9. Sandra5/9/11

    Bueno,se me toca a lotería..eu poño o veleiro,pero coma Mónica eu quedo en terra,axudando coa reportaxe fotográfica,jajaja!!E que mellor capitán,ca ti!!no teu cumpre,que está ó caer...tes asegurada a gorra de capitán!!!jajaja!

    ResponderEliminar
  10. Jeanette16/9/11

    recordas cando che dixemos alba e eu na clase, qe o noso libro poñia(no apartado da pesca)gústalle moito, tiña razón qen escribiu eso, e decias qe non...
    sempre mar e vigo!jeje!
    avisa cando teñas veleiro propio ;)

    ResponderEliminar
  11. Ola Jeanette! Acordo, acordo (e sorrío moito ao acordarme)... Se cambiamos "pesca" pola palabra "mar", quen apuntou iso apuntouno ben.
    Cando teña veleiro aviso! E por suposto, se vos atrevedes, quedades convidados a unha travesía. Como non!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...