Cando estabamos en Barcelona, indo no metro, conteille a alguén (eramos 18, non lembro quen) que vira certos exemplos de publicidade aproveitando os asideiros e as barras metálicas ás que nos agarramos no transporte público. Pareceume un espazo publicitario do máis intelixente, creativo e interesante. Porque a publicidade faise con dous obxectivos: o primeiro, chamar a túa atención; e o segundo, quedar facendo eco na túa memoria a maior cantidade de tempo posible: ecoooo, ecooooooooo. Como as cancións de Shakira máis ou menos, só que esta vez si, entendendo a letra. Desta maneira, o anuncio non agarda nunha parede ou nunha pantalla a que o vexas, senón que sae directamente a buscarte e a metérseche entre as mans. E a ver quen é o guapo que non se lembra deles... Creatividade = Eficacia.
Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca! Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis . Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca! Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel. Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix
Que interesante, non sabía eu esto...
ResponderEliminarpois estan todos chulísimos, pero o que mais me gustou foi o do relo e o da pepsi!
Si, porque o do pelo e os puñetazos dá un pouco de "yuyu". Dacordo contigo no dos reloxos, Jeanette: unha boa maneira de que a xente os probe, sen agardar a que vaian á reloxería.
ResponderEliminarOs mellores son os de Amnistía Internacional e o da cerveza. O equipo de marketing de Gang Films (o sea, David) xa está pensando en algo, pero en Meira non hai metro...
ResponderEliminarÉ certo: pero hai "línea", que mola moito.
ResponderEliminarPor outra parte, hai moitas portas con tirón: o pozo, o tibor, a flor, o centro, o cazoleiro, o pedreira... Será por bares!
Se non funciona, xa teríades que ir aos negocios seguros como a igrexa ou a funeraria.
David, dalle aos miolos!