11/06/11

Tras a tormenta... Calma (Amélie)

11/06/11

Que razón tiñades: que dura é a Selectividade! Creo que quedei tan canso acompañando, como cando fun facer os meus exames. Pero o reto pasou, e agora só queda esperar polos resultados. Bueno, iso a vós. Porque eu apunteime (de bo grado) a outra maratón, e un día despois, 106 exames de Xeografía de Selectividade esperan impacientes o seu turno de corrección sobre a miña mesa.

Nunca traballo con música, e menos se teño que corrixir. Pero antes de coller o bolígrafo vermello, sempre trato de sentirme positivo e en calma. E moitas veces consígoo cuns minutos de música tranquila e optimista. Desa que invita a pechar os ollos para regalarche o mundo que soñas.


Para este propósito, unha das miñas favoritas é a música de Amélie. Esa rapaza de mirada intelixente, travesa e alegre, que un día decidiu que a súa vida só tería sentido se a destinaba a mellorar a vida dos demais. Amélie é unha peli (máis, AQUÍ) dunha beleza tan rara e potente que, lonxe de colocar, descolócate. Mentres dura, non podes deixar de sorrir, abrumado ante a súa orixinalidade. Cando remata, non podes deixar de recordala. Gustaríache poder ter a Amélie preto. Ou mellor aínda, ter un pouco de Amélie. Algúns dos temas da súa banda sonora, serviranme estes días para lograr o punto exacto de ánimo antes de sentarme a corrixir. Podedes escoitalas facendo clic sobre cada unha das dúas imaxes desta entrada. A primeira, un piano fermosísimo. A segunda, toda a alegría vital da película. 


A vós, desexo que vos guste... E a eles, como a todos os examinados, por suposto, moita sorte.

Recibe os contidos no teu correo

15 comentarios

  1. Martinha12/6/11

    "Elle va change ta vie.."

    Fai bastante tempo que non viña por aquí... e... sabes qué sorriso cando abro isto e me atopo con Amélie? :)

    A peli é xenial.. e a banda sonora.. qué vou
    decir eu.. "Son tiempos difíciles para los soñadores", pero cada vez q a toco ou a escoito... Sí, certamente "invita a pechar os ollos para regalarche o mundo que soñas".



    Desde que me pasen estes días de agobio terei que ler todo o atrasado, pois hoxe xa nn teño tempo a máis.. e tamén me gusta dosificar algo as "moedas"... Gracias por cada unha delas ;)

    ResponderEliminar
  2. Nerea12/6/11

    Paz, tranquilidade, enerxía positiva, ... podería seguir así nomeando todo o que me transmiten esas bandas sonoras pero ti dixéchelo moi ben no título CALMA.
    Encántaronme as cancións e na época que estamos (polo menos eu) agradécese a calma e a tranquilidade!
    Sen dúbida Amelie unha película para sorrir, pero non dende un punto de vista cómico se non de felicidade!

    ResponderEliminar
  3. Miriam12/6/11

    Ohh!realmente preciosas...deixaronme sen palabras. Certamente transmiten tranquilidade, algo que se precisa (e moito)estes días.
    Creo que estou na obriga de darche as gracias por poñer este tipo de cancións e xustamente ahora, que polo menos eu é cando máis as necesito. Gracias!

    ResponderEliminar
  4. Grazas a vós, por vir recoller as "moedas". É un pracer compartilas.
    Miriam: se che gusta a música, a película é un valor seguro!
    Marta: hai algún comentario por aí, recente, no que te mencionamos! A ver se o atopas!

    ResponderEliminar
  5. Nerea15/6/11

    Por certo sabedes dalgunha outra peli da mesma temática ou moi parecida a de Amelie?
    é que me encantou e despois de unha época de agobio non ven nada mal! Grazas :)

    ResponderEliminar
  6. É que Amélie é única... E iso é o mellor que ten!
    Viches "Gran Torino"?

    ResponderEliminar
  7. Anónimo15/6/11

    Eu hoxe mesmo alugo "Amélie" no vídeo clube,encántame a calma da súa banda sonora.De feito,hoxe estou algo estresada e "enfurruñada" e púxena no ordenador e relaxoume.Qué paz!
    Nerea,seguramente tamén che guste : "La vida es bella",é triste,pero moi bonita,gañou un Oscar.E a que di Miguel "Gran Torino" é impresionante,moi emocionante.Gústavos seguro.
    Noraboa Miguel,tódolos días entro neste blog para ver con que nova entrada nos sorprendes e ensinas.Grazas!!Sandra.

    ResponderEliminar
  8. Anónimo16/6/11

    Eu digo o mesmo ca Marta...
    Nada mellor ca ela para recordarche que hai que facerlle ben ó mundo. E por moito que algúns pensen que é unha ''francesada empalagosa''(dise o pecado pero non o pecador,jaja), a min Amélie tamén me cambiou a vida!
    Eu, ademais da música,quédome cos valores que a min me inculcou. Indirectamente Amélie convenceume a través das súas esceas que se debe ser como cada un é e non como a sociedade che manda ser.

    PD: esperemos que os demais correctores escoitasen tamén moita música para relaxarse antes de agarralo bolígrafo...jeje

    ResponderEliminar
  9. Anónimo16/6/11

    PD2: a Alba R. non lle funciona o de poñer ''Nombre/URL'' :(

    ResponderEliminar
  10. LucíaE16/6/11

    Xa oín que existía esta entrada nun blog, e penso que necesito comentar :)
    Que eu vise Amélie surxiu de que tiña que tocar unha canción dela, e entón para meterme en ambiente, recomendaronma.
    En poucas palabras, é destas películas que hai que ver...e destas películas que cando a rematas, quedas cunha sensación de plenitude dentro de ti que che fai pensar o feliz que eres sento TI mesmo. É xenial ;)

    ResponderEliminar
  11. Alba R: é que a diferenza, é o que nos fai ricos. Se o pensamos, dá un pouco igual ao que apliquemos: cor, lingua, libro, peli, cultura, destino, físico, paisaxe... Xa o dicía a Xeografía de 2ºBAC: Diversidade!!!!

    Lucía E: oxalá descubramos aquí unhas cantas pelis máis coma esta. Con tres ou catro, amañaríamos o mundo! Que canción de Amélie foi a que tiveche que tocar?

    ResponderEliminar
  12. Nerea17/6/11

    Grazas Sandra pola recomendación! Dende que a vexa xa comentarei de novo para dar a miña impresión!!!

    ResponderEliminar
  13. LucíaE17/6/11

    Pois foi a da Redécouverte:)

    ResponderEliminar
  14. Redécouverte, para todos vós:
    http://www.youtube.com/watch?v=rHKuyqB0Knw

    ResponderEliminar
  15. Marcela20/6/11

    Ola, vino comentario de Nerea e gustaríame recomendar unha das pelis que se quedaron na miña memoria, desas que non lembras os actores as bso nin o tempo ou espacio, simplemente a idea..hai moitísimo tempo que a vin polo que non vos aseguro que sexa boa pero sí a esencia. Pay it forward, en castelán Cadena de favores. Espero que a vexades e que despois me contedes;)

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK