Primeiro, descubrimos algunhas lendas acerca del en Vellos con Historia. Despois, mencioneino nalgunha clase, ao ver que estaba limpo de vexetación e visitable. E finalmente, intentei levar a algúns de vós nunha excursión na que os fados (e fadas) se empeñaron en que quedara para outro día. Así que, antes de que o curso remate, esta era unha visita pendente para moitos de nós.
En Galicia crese que hai máis de dez mil castros. Pese ao tempo transcorrido desde a súa desaparición (nos primeiros séculos da nosa era), estou seguro de que case poderíamos descubrir un en cada parroquia na que busquemos. A diferenza de Viladonga, a inmensa maioría nunca foron escavados, pero recoñécense perfectamente na paisaxe. Preto de Meira, sei duns cantos. O de Saa, é un dos máis fermosos.
Se abrimos un google maps desde Meira, e seguimos a estrada que leva á Pastoriza, a só tres quilómetros atopamos este desvío. Unha parella de cegoñas aniña xusto no cruce. Seguindo unha pista ascendente, o castro empeza a descubrirse no alto, con forma de coroa (o que explica que moitas veces os vellos nos falen de lugares chamados As Coroas), como se observa dentro do círculo vermello da imaxe que vos pego.
É moi doado aprender a recoñecer na paisaxe pegadas arqueolóxicas coma esta. Só hai que acostumar a vista, e fixarse ben. No caso dos castros, a clave que nos vai permitir identificalos, é a súa forma de ondas circulares, unha dentro da outra, ata chegar a un enorme círculo ou croa. A cresta de cada onda, contén unha muralla. A vaguada de cada onda, contén un foxo. Con esta sucesión de murallas e foxos, os castrexos lograban defender mellor o recinto central ou poboado, que resultaba invisible para o inimigo mentres non lograse atravesar estas enormes estruturas defensivas. Queredes velo?
Pode que Saa teña tres mil anos de antigüidade. O que vedes oculta as ruínas dun pobo que, por diversos motivos, os seus habitantes acabaron abandoando. Nel, cada grao de terra é importantísimo. Toda a información arqueolóxica se atopa no solo, máis que no que nel puidera aparecer. Por iso, agora que sabemos del, e podemos atopar outros, é nosa a responsabilidade de seguir coidando deles. Somos nós os que temos que gardalos de nós mesmos. Polo menos, ata que un día a arqueoloxía nos regale o fiel e impecable reflexo do seu pobo. Un pobo que no seu día, como nós, elixiu vivir aquí.
Eu eu....eu estaba agardando este momento ! Poder entrar no blog, ver outro dos lugares polos que Don Miguel Abraira nos guía, e poder dicir "eu xa o sabía" ! A verdade que isto, xuntado coa explicación dun día no instituto, fixo que me quedase claro como se pode recoñecer un castro! Xa sin escuridades, nin elementos tétricos, aquí temos outro vídeo didáctico que nos permite saber que, a verdade, non fai falla ir moi lonxe da casa para atopar lugares fermosos e con historia ! Agardo máis vídeos e a miña noraboa de novo!
ResponderEliminarvendo ese lugar e escoitándote parece que estou alí, tí tránsportasnos a eses sitios que nos amosas e que tan ben nos describes. ¿cal será o seguinte? ¡noraboa!
ResponderEliminarDona Andrea! Non sabes canto celebro que os que ti bautizache como "vídeos didácticos" sigan a alimentar a túa curiosidade... Pero ollo: igual non tardo en volver polo tétrico na próxima entrega.
ResponderEliminarMlp: o seguinte, na propia comarca de Meira. Os tesouros cercanos valen o dobre! Un sitio que me deixou coa boca aberta e facéndome preguntas durante días, semanas, meses... e ata hoxe.
O tema dos castros é fascinante e xa estou esperendo ese outro "tesouro".
ResponderEliminarOla Elvira: a ver se nos axudas logo a entender o misterio dese próximo tesouro...
ResponderEliminarEu tamén espero con moitas ansias ese outro tesouro!
ResponderEliminarMiguel, grazas por ensinarnos este castro, qe os que vivimos a escasos kilómetros non sabíamos nin da súa existencia!
ResponderEliminarNoraboa por ese video!
Grazas Jeanette! Alégrame moito este comentario! Xa sabedes: coidade del!
ResponderEliminar