Un filme curiosísimo, que engancha desde o principio. Un gentleman británico que escribe novelas de intriga de éxito. Un xoven e elegante italiano que se está beneficiando á esposa do anterior, aínda que non ten cartos para mantela. E unha mansión incrible que semella un tétrico museo de bonecos e figuras do máis estravagantes. Con só estes ingredientes, cocíñase a trama: eliminar as diferenzas que os separan, por medio dun plan que os beneficie a ambos. Cando o plan se pon en marcha, este evoluciona dun xeito tal que nunca saberedes moi ben cal dos dous está sendo o intelixente e cal o primo... La huella, foi estreada en 1972. Nótase o tempo, pero a historia que narra é intemporal e moi brillante. Preparade flocos de millo, acomodádevos, e intentade ir por diante deles na trama, se é que sodes capaces...
“ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Un peli sen palabras.
ResponderEliminarPero onde me gustaria sabes a tua opinion e no documental Zeitgeist Moving Forward de Peter Joseph que abarca critica e novas alternativas ao sistema financiero, politico, social, na forma da cidade, etc.
Se queres podo pasarcho no pen ou se prefires podelo atopar en youtube concretamente neste enlace:
www.youtube.com/watch?v=5aLGFZDiwRs
Teno gran entusiasmo na tua opinion, e creo que che vai interesar.
Hoxe mesmo, véxoo!
ResponderEliminarO enlace de youtube vaime perfecto.
O luns, como moito, compartimos opinións... con permiso do barqueiro.
Acabas de suxerirme unha película que seguramente vexa este verán, porque encántame este xénero. Eu recoméndoche as series de "Poirot" e "Miss Marple" de Agatha Christie, podes atopalas en Paramount Channel.
ResponderEliminar