Non hai nada como tirar da creatividade para sorprender, chegar aos demais, e facer algo difícil de esquecer. Polo menos para ti, que podes lembrarte das cousas...
Vino hoxe mesmo, e encantoume por varias razóns. Primeiro, porque non sabes que che van anunciar nada. Segundo, porque logran descolocarte e sacarte do teu papel. Terceiro, porque ninguén se pon pesado contigo, simplemente déixanche a súa mensaxe nunha pequena tarxeta de visita. Cuarto, porque esta tarxeta remite a unha web na que che ofrecen regalar.... memoria! (que ía ser, senón?). E quinto, porque logra que te vexas no lugar, aínda que só sexa por uns segundos, dunha persoa que padece alzheimer. Por certo, coñecedes o cómic "Arrugas"? Outro día, se vos apetece, falareivos del.
Eu vino fai uns días.. non estaba atendendendo á tele (como a maior parte das veces..) pero de repente quedeime mirando para isto porque logrou captar a miña atención!
ResponderEliminarPor certo, moitas felicidades polo blog Miguel.. encántame Moedas para Caronte :)
Impresiona moito.Eu sí lin "Arrugas",recoméndovolo a tod@s,ten razón o anuncio: o alzheimer non debe esquecerse.Vou visitar a páxina que anuncian,seguro que merece a pena.
ResponderEliminarUnha vez, indo só no coche, cheguei a unha pequena aldea de montaña. As casas estaban moi xuntas e as rúas eran estreitas, e non lograba atopar unha saída. Vin a unha señora maior sentada nun banco de pedra, á porta do que parecía a súa casa. Baixei a ventá e pedinlle por favor se me podía indicar por onde saír. A señora achegouse, apoiouse despaciño no marco da ventá e pasoume a man pola cara. Nin se inmutou ante a miña sorpresa. Parecía ver algo máis. Sorriu docemente e preguntoume como estaba. Nunca a vira antes. Pero quedoume gravada a súa mirada: tiña a estraña felicidade do que non entende o significado das cousas.
ResponderEliminarGrazas Marta! Grazas sm! Alégrame atoparvos aquí.
Encántoume o vídeo,nunca sabemos o que sinte unha persoa se non nos poñemos na súa pel!
ResponderEliminarEu tamén vou visitar a páxina web!
Ola Nerea. Ata a publicidade pode ser creativa. Non hai nada como unha boa idea! Benvida!
ResponderEliminarEste vídeo fíxome lembrar a sensación de angustia cando un reencóntrase cun amigo/a de hai tempo e esa persoa esquecérase de ti e teñes que intentar que se lembre.
ResponderEliminar