-La Alemania nazi fue una mierda, ya lo he pillado.
-Pensáis que en Alemania no sería posible que volviera de nuevo una dictadura, ¿no?
-De ningún modo, ya hemos aprendido la lección!
Así que Rainer, o profesor, inicia un experimento na clase para demostrar aos seus alumnos que as ditaduras sempre son posibles, incluso hoxe e aquí. A ver se vos sonan os ingredientes necesarios para que se dea unha ditadura: crise, paro galopante, crecente exclusión social, decepción política, inxustiza social, extremismos en aumento... Este é o caldo de cultivo. Non estamos moi lonxe del, verdade?
Engádaselle Líder, Grupo, Orde, Normas, Disciplina, Símbolos, Violencia, Propaganda, Solidariedade, Entusiasmo e un chisco de Manipulación e Censura do que non é coma eles, e xa o temos... Que temos? Isto:
Engádaselle Líder, Grupo, Orde, Normas, Disciplina, Símbolos, Violencia, Propaganda, Solidariedade, Entusiasmo e un chisco de Manipulación e Censura do que non é coma eles, e xa o temos... Que temos? Isto:
E agora, voltemos á pregunta...
Sería posible unha ditadura hoxe e aquí?
Sería posible unha ditadura hoxe e aquí?
La Ola, Dennis Gansel, 2008.
Imposible esquecer a primeira vez que proxectei esta película na clase. Foi nun 4ºESO, en Meira, cuns alumnos para os que, dalgún modo, sempre seguín (e seguirei) preparando as miñas clases. Mentres a pelí discorría, eu ía escribindo no encerado as características das ditaduras. Ao volverme, vía nas súas caras un espello da evolución da película: do entusiasmo inicial nas facianas (calquera querería estar naquel curso de autocracia), foise pasando á sorpresa de ver como medraba a "ola", ao agobio de verse nun problema cada vez máis grande, ao desexo case implorante de que ninguén fixese unha tolemia, e á mirada atónita e asustada de quen ve un final imposible. Pero un final que non podía ser diferente ao que foi... Todo isto é o que fai grande a esta peli. E hoxe, neste mundo convulso, quizá sexa máis necesario que nunca recordala.
ResponderEliminarEsta película está moi ben feita!! A xente non se da conta que todo o que pasou pode volver a suceder. Como di o meu profesor de historia (José) o fascismo a simple vista pode resultar atractivo.
ResponderEliminarAproveito para deixarche o enlace dun blog que estamos comezando Marcela, Miriam e eu!
http://diasdesolechoiva.blogspot.com
Non hai nada que valore tanto no cine, como a súa capacidade para facernos entender e vivir.
ResponderEliminarSodes unhas valentes! Non agardaba menos.
Alba(Malva) di...:
ResponderEliminarXa botaba en falta ''La Ola'', pero sabía que tarde ou cedo aparecería por aquí! A verdade é que foi unha película que penso que nos marcou a todos, a min en especial. Doutra maneira non entenderiamos mellor todo o que arrodea a un réxime autoritario coma o que se amosa no filme.
O sentimento de culpabilidade do profesor Rainer,penso eu, extrapólase ao espectador de tal maneira...
segundo o meu parecer unha película desas que se precisan para educar a este mundo...
Botábate en falta, Malva, surfeando esta "ola"! Lémbrome que a cara de Rainer, ao final da peli, deixou a moitos coa dúbida de que é o que estaría pensando exactamente nese momento...
ResponderEliminar