08/05/11

Navegar contra o vento... e o home

08/05/11

¿El barco? Los barcos son todos buenos. ¡El problema son los hombres a bordo!
"El negro del Narcissus", Joseph Conrad (1898)

Só un vello e sabio lobo de mar como Singleton, podía resumir esta novela cunha verdade tan grande.

Levaba días vivindo tormentas e tensións coma un tripulante máis, a bordo deste barco do século XIX. O Narcissus inicia unha travesía de regreso desde Bombay cara Inglaterra, nun tempo no que navegar esixe non só dominio dos ventos, senón tamén dos difíciles temperamentos humanos. 

Desprendido de terra e illado na inmensidade do mar, o barco vaise convertendo nunha sociedade cada vez máis pechada e asfixiante. E por se non abondase, de regalo, a narración máis trepidante dunha navegación en tormenta que teña lido xamais.

Quizá Conrad, mariño ademais de escritor, viviu un día esa tormenta nun barco e nun mar similares a estes: 

Recibe os contidos no teu correo

0 comentarios

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK