Saltar ao contido principal

E se puideramos visitar Auschwitz...? (agora mesmo)

Onte foi o día en memoria do holocausto, e hoxe teño dúas cousas moi especiais para vós.


A primeira, que xa tiven ocasión de compartir e desfrutar na clase cos meus alumnos de Historia Contemporánea, é a incrible historia persoal de Francine. Ninguén no mundo podería contar mellor o que, con tan só 8 anos, tivo que vivir nun campo de concentración... e como un pequeno xesto que tivo alí, acabaría retornando á súa vida dunha forma absolutamente redonda, perfecta e inesperada. É un verdadeiro agasallo poder vela, escoitala e percibir toda a emoción que ela sente cando conta o que lle pasou.

Aquí está: 




Tal día coma onte, liberouse o campo de concentración de Auschwitz, tal e como vos contaba aquí hai un par de anos da man de Primo Levi. É por iso que, cada 27 de Xaneiro, o mundo afánase en lembrar, dedicando textos, reportaxes ou minutos a non esquecer o horror que en Bergen-Belsen, en Mauthaussen, en Auschwitz ou noutros campos se viviu. 

Pero ningunha experiencia é comparable á oportunidade de pisar por un mesmo un lugar así. Seino, porque eu tamén estiven nun campo de concentración nazi. E esta é precisamente a segunda cousa marabillosa que hoxe teño para compartir con vós: a posibilidade de pisar un campo; a posibilidade de entrar, recorrer e descubrir paso a paso todos os rincóns de Auschwitz. Sen avión, sen hoteles, sen gastos. A golpe de clic. A modo de impagable visita virtual... 

Esa era a porta. E agora que a tedes diante...
Ousaríades atravesala?


Pois facédeo!
Non o perdades... non todos os días un pode recorrer un lugar como Auschwitz.

e comezade a movervos e a descubrilo


Comentarios

  1. Anónimo29/1/16

    Que grande historia a de Francine! Emocionoume! S.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...