Saltar ao contido principal

A donicela ambiciosa

A natureza supera ás veces á ficción e esta fotografía, totalmente real e capturada en Reino Unido o pasado luns, é un bo exemplo. Porque a ver:

Que fai unha donicela subida a lombos dun paxaro pica-pau en pleno voo?

Fotografías, todas, de Martin Le-May


A) Dar unha volta
B) Intentar comelo
C) Fixéronse amigos
D) Á donicela atráelle a cor vermella

Si, a última resposta é tentadora: é a máis longa, e o vermello case sempre ten unha atracción especial no mundo animal. Pero non. A resposta correcta é a B: está intentando matalo! A donicela é un mamífero moi pequeno, pero moi voraz e capaz de atacar a presas de entre cinco e dez veces o seu propio peso. De feito en Galicia hai unha chea de lendas nas que é tratada como un animal mortífero, tanto pola súa trabada como ata polo seu alento. 

A imaxe foi captada por un fotógrafo afeccionado,
desde o mesmo momento en que o mustélido se bota enriba do paxaro:

Ata que este, despois de voar durante uns segundos, 
logra aterrar e desfacerse da ousada depredadora. 

Polos pelos!... Ou polas plumas.
(Feliz Día Internacional da Natureza)

Comentarios

  1. saíu a vena FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE!!! Que curiosos son os bichos meu deus!! E moito mais interesantes ca algunhas peroas!! Un Bico.

    ResponderEliminar
  2. Nesta ocasión non é un abejaruco, pero si, a imaxe é das que gustaría ao bo de Félix e lle faría botar unha mítica parrafada: "Amigossss: la mussstela nivalisss, conocida vulgarmente como comadrrrrejjja, se aferra, con sus garras prominentes, al pescuezo de su víctima..." :D Xa sabes!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...