Saltar ao contido principal

Concurso Galicia en Foto (III)

Como cada mes toca concurso! E como nas dúas edicións anteriores houbo que ir ao sorteo, desta vez procurei ir un pouco máis aló e complicalo un chisco reducindo o encadre da fotografía. Eliminamos paisaxe e comezamos a centrarnos no detalle. Credes que daredes acertado? Iso espero!!!

Gaña quen acerte onde está e ademais explique que é o que se ve na fotografía.


Lémbrovos que pode participar todo o mundo! Alumnos, antigos alumnos, seguidores, amigos, nais, pais, profes, coñecidos e descoñecidos... O único requisito é querer xogar, e de paso optar a un premio-recordo con alma (ou iso intento!). A solución enviarédela facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí non tedes máis que escribir nome, email e a vosa resposta completa! Así chegará a min sen que outros poidan vela.

O PRAZO PARA CONCURSAR REMATA ÁS 18.00 HORAS DO DOMINGO 21
PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ ESA MESMA NOITE


...DESTA VEZ COSTOU, PERO HAI ACERTANTES!!!
O lugar que vedes é do máis curioso e especial que poidades atopar. Chámasa Santa Olalla (Eulalia, en castelán) de Bóveda, a uns 14 quilómetros da cidade de Lugo e foi un templo romano construído para o culto á deusa Cibeles, que logo se cristianizou poñendo unha igrexa enriba. 
Por iso, cando un chega, en principio, non parece haber nada raro:


Ata que, xa aos pés da igrexa, un pode descubrir a estraña marabilla que alí permanece agochada:





Cibeles era a deusa que representaba á fertilidade da terra, a natureza, os animais e a vida. 
Un dos ritos que se lle facían era o taurobolio, que probablemente se levaría a cabo aquí. Colleríase un touro e sacrificaríase na planta superior, sobre un enrellado que comunicaría coa planta inferior. O seu sangue caería no andar inferior, sobre a persoa que desexaba recibir esta especie de bautismo de sangue. 
Imaxinades o espectáculo?


Se estades preto de Lugo non o perdades!


...E XA TEMOS GAÑADORA!

Se na segunda edición do concurso había 18 respostas correctas, desta vez só 3! 
E destas 3 tivemos que eliminar a de Javi, xa que mencionaba o nome pero non concretaba ningunha explicación do edificio. Así que a cousa quedou finalmente entre só dúas opcións. 

E feito o sorteo entre as acertantes, a gañadora é... 
TAN-TA-TA-CHÁN!




PARABÉNS CRIS E MARCELA!!!
RECIBIREDES O VOSO PREMIO ESTA SEMANA!



Disfrutando o premio! :)


Grazas pola foto, gañadoras!

Vémonos no seguinte!
Grazas por unirvos a este xogo cómplice cos tesouros de Galicia como escusa!

Comentarios

  1. Eu penso que esa fotografía foi sacada en Santa Eulalia de Bóveda, cidade de Lugo.

    ResponderEliminar
  2. Cris e Marcela22/2/15

    Que sorte! Da a casualidade de que Cris e eu no noso primeiro ano xuntas, realizamos unha viaxe a ese mismo recunchiño. Atópase en Santa Eulalia de Bóveda, e se mal no lembramos, trátase de un templo romano adicado a deusa Cibeles que foi cristianizado posteriormente. Cremos ademais, que tiña dúas plantas, e que nunha delas había como unha piscina onde se realizaban sacrificios.
    Aquí che deixamos con moita ilusión un pedaciño da nosa vaga memoria, unha aperta!

    ResponderEliminar
  3. Alba Rodríguez22/2/15

    SANTA EULALIA DE BÓVEDA.

    Este pequeno templo de estilo tardorromano atópase no pobo de Santalla de Bóveda de Mera, a uns 14 quilómetros da cidade de Lugo, e, aínda que orixinariamente foi construido para o culto pagano á deusa Cibeles, logo cristianizouse e dedicouse a Santa Eulalia Mártir, como indica o seu nome.
    Na foto observamos unha vista interior do templo, cunha columna de mármore en primeiro plano, na que destacan as erosionadas volutas do capitel. Máis atrás, vemos un arco de medio punto que fai de entrada ó ábside, no que se abre unha porta para subir o piso superior do templo, hoxe desaparecido.
    Ademais, chaman á atención os coloridos frescos pintados sobre bóveda de canón que cubría templo antes de que se derruíra a parte superior da mesma. Atopamos pavos reais, gansos e outras aves; motivos florais; e nos laterais da bóveda, tamén deseños xeométricos a partir dos anteriores motivos florais.
    Tamén podemos destacar a cor verde da parte inferior das paredes, que denota a humidade do templo e as posibles consecuencias de conservación que esta supón.

    ResponderEliminar
  4. Dá gusto ler as vosas respostas. Dá gusto poder contar con vós. Gustaríame premiarvos aos catro, pero como nas outras edicións só pode haber un premio. Espero estar á altura con el!

    Apertas moi fortes!

    ResponderEliminar
  5. Vitoria23/2/15

    É un sitio único, moito máis único que calquer outro sitio único que poidades visitar, porque non hai outro edificio destas características en todo o occiente europeo!!!!
    Cheguei tarde para participar pero alégrome polas gañadoras!
    Saúdos e ata a próxima foto.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...