Saltar ao contido principal

Concurso Galicia en Foto (I)

Pregúntanme algunhas amigas e amigos en Instagram onde está isto... E eu non o penso dicir! Pero non por malicia, senón porque así creamos xuntos o I Concurso Galicia en Foto.

Gaña quen adiviñe o nome do lugar no que botei esta foto e da vila aló abaixo.
(Errar non penaliza!)


E hai premio: un saco de bombóns! (prometido)
Se isto funciona, prometo segunda edición e un premio de cine!

PUBLICAREI O GAÑADOR AQUÍ ÁS 23.00 HORAS DO VENRES 5

MOI BEN!!! SODES UNS CRACS!
O lugar é o incrible miradoiro do Cortelliño, na Serra da Groba, 
e o que se ve aló abaixo é o porto de Baiona, Praia América, a península de Monteferro,
as Illas Cíes e, ao outro lado da ría, o Morrazo rematando en Cabo Home.
Un sitio IMPRESIONANTE
con paisaxe, natureza, petróglifos e idóneo para tirarse en parapente!

AO HABER TANTOS ACERTANTES, DECIDÍN O GAÑADOR POR SORTEO.
CREO QUE TODOS CONFIADES EN MIN. ASÍ QUE...
O GAÑADOR OU GAÑADORA É... 

TA-CHÁN!


SARA!!! MOITOS PARABÉNS!!!
O MARTES TERÁS O TEU SACO!
SACAZO DE BOMBÓNS!

GRAZAS A TODOS!
E PREPARÁDEVOS PARA A PRÓXIMA EDICIÓN, AXIÑA!
VAI SER A VOSA!

Comentarios

  1. Sindo Bargiela.5/12/14

    Ola Miguel, fantástico concurso. A vila do fondo é o concello de Nigrán, praia América e Panxón. Onde sacaches a foto xa é outro conto, pero pode ser na serra do Galiñeiro??.
    Parabéns pola idea.

    ResponderEliminar
  2. Sindo Bargiela.5/12/14

    Máis ben dende o alto da Groba, en Baiona.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Creo que es el monte da Groba y el sitio el que se retrata es Baiona

      Eliminar
  3. Daisy F.5/12/14

    Son Daisy, o Pobo que se ve é Gaifar (Nigran), é sacada dende o parque natural de sabarís

    ResponderEliminar
  4. A foto está tomada dende a Serra da Groba concretamente no mirador do Cortelliño e nela se aprecia: Praia América, Nigran Mote Ferro, Illas Cíes e ao fondo pódese contemplar Cabo Home na península do Morrazo.
    Saúdos Yaiza

    ResponderEliminar
  5. Anónimo5/12/14

    Hola, son Ander e a foto creo que está tomada dende a Serra da Grova, e o pobo do fondo é Nigran.

    ResponderEliminar
  6. Natalia5/12/14

    Ola Miguel Abraira! Carolina e eu pensamos que é dende a Serra da Groba e facendo as nosas investigacións, concretamente no Cortelliño e dende alí pódese apreciar as Illas Cíes, Monte Ferro e Lourido. Biquiños de parte das dúas

    ResponderEliminar
  7. Jéssica5/12/14

    Hola, son Jéssica e creo que a foto está sacanda dende o Monte Grova e mírase Nigrán, Baiona, Patos, Ramallosa e Sabarís.

    ResponderEliminar
  8. Sara Paloma 2ºESO-A5/12/14

    Eu penso que é o monte Da Groba dende onde tomaches a foto e mais concretamente dende o Mirador do Cortelliño e pode verse Nigrán, Baiona e as Illas Ons e Cies.

    ResponderEliminar
  9. Anónimo5/12/14

    Ola, son Carmen! Esa foto está quitada dende o alto da Serra da Groba! Nela pódense ver os concellos de Baiona, Nigrán, Moaña, Cangas e Vigo; as rías de Baiona e Vigo; as illas Cíes e as Estelas; e ao fondo Cabo Home.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  10. Sara Paloma 2ºESO-A5/12/14

    ¡Moitas grazas a ti!

    ResponderEliminar
  11. Que gozada. Unha vez máis, Caronte somos todos. Grazas Sindo, Natalia, Carolina, Daisy, Carmen, Yaiza, Nico, Ander, Jessica e por suposto Sara, por responder con ilusión e ser cómplices para xogar xuntos. E tamén a todos os que, sen atrevervos a dicir un nome, vos pasastes para ver a foto. Por favor, non deixedes por nada do mundo de ir a ver este lugar, que está case no Alto da Groba, a uns 10 quilómetros de Baiona, e que é unha auténtica pasada. Cando cheguedes sentiredes ganas de berrar, de botar fotos, de despegar cun parapente ou simplemente de sentarvos a mirar e escoitar en silencio. Acordádevos de Caronte, cando esteades alí!

    A ti, Sara, espérote o próximo martes, no insti, co teu saco de bombóns!
    E desde logo a todos, como houbo xogo, e o pasamos ben, espérovos a vindeira semana, cun fotón desta Galicia de cine que temos... e un premio diferente, e á altura! De cine. :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...