Saltar ao contido principal

Berlín, ano 25 despois do Muro

Hai dúas maneira de celebrar unha data así de importante: unha é mirando atrás.

Clic sobre o Trabant, para volver aos días da caída.

A outra consiste en coller os fíos do pasado, e tecer con eles un lenzo que o pasado, por si só, xamais podería tecer. 
Clic sobre os globos para ver que pasará esta noite en Berlín,
25 anos despois.


Feliz aniversario, Berlín.

Comentarios

  1. Pra diante.
    Mirar sempre pra diante.

    Berlín e a súa historia, dígoo sempre, son pra coñecer. De lonxe, sí, pero sobre todo, SOBRE TODO, de preto. Tes que ir. E eu teño que volver (a ver se en breve me escapo uns días).
    Quizais haxa cousas que só se poden vivir no sitio onde empezaron.
    Quizais, aínda que a un lle de unha pinchada o corazón cando ve os poucos restos que quedan dese muro ou cando segue pola cidade os adoquíns que marcan ese pasado, haxa que ir alá pra "palpar" esa historia.
    Quizáis haxa que escoitar a todos os que sinten que aínda teñen algo que contar.
    Quizáis haxa que ir alá pra sentir.

    Tes que facer esa viaxe, Miguel. En serio.
    SEI que che ía encantar.
    :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Irei! Espero!
      Polo Muro, e por todo o que alí mellorou desde que os cidadáns, empurrando xuntos, lograron abrilo.

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Equinoccio versión San Miguel de Celanova

Aliados coa natureza, tamén nós podemos facer cousas incribles . Mirade que beleza. Hai máis de mil anos, polo século X, os monxes do mosteiro de Celanova decidiron construír no horto do convento unha capela diminuta para honrar coas súas oracións ao fundador do mosteiro. Diminuta e única no seu estilo, entre visigodo e mozárabe. Tan perfecta que a capela está matematicamente aliñada para captar polas ventás a luz do amencer en dous días concretos e moi especiais do ano: o equinoccio de primavera e o de outono .   E a que non sabedes que día foi hoxe...? Vía Nun par de minutos espectaculares , a luz do sol cólase polas estreitas ventás da fachada Leste e, tras atravesar como un coitelo o escuro interior da capela, sae exactamente pola estreitísima ventá que decora a fachada contraria, formando o rosetón de luz que tan ben se ve na fotografía. Non sei que pensarían os monxes cando vían isto cada primeiro día da primavera e o outono... Cun espectáculo así, preg...

A memoria da choiva

Ollo... Esquecédevos da riquiña  Os fillos do mar . A nova novela de Pedro Feijoo entra polos ollos de maneira despiadada e con auténtica ira. A ira de Rosalía, que emerxe vingadora nunha serie de brutais crimes . Todo iso que nos contaron dunha Rosalía de Castro feble, depresiva e nostálxica quizais non era máis cá un monte de merda arroxado sobre a súa verdadeira personalidade. É que non o vedes? A moitos lobos interesáballe vendela así, manipulada e desdebuxada ata o extremo. Pero sen que eles puideran sabelo, todo ese conto, todas esas mentiras foron inxectando nalguén que permanecía oculto " un sangue negro, duro coma o ferro, un río mesto e pegañento de cólera e desesperación ". E agora, cando menos o agardaban, chegou a hora. Alguén está a tomarse, con violencia e brutalidade extremas,  a xustiza pola man . Santiago de Compostela, ese impresionante escenario . Un coñecido colaborador televisivo aparece asasinado na súa casa cun ferro de vinte e dous centímetr...