Saltar ao contido principal

Cova Eirós. Porque habelas hainas!

Como non as ía haber? O único que facía falta era saír a buscalas. E en canto se fixo, apareceron. Están en Cova Eiros (Triacastela, Lugo), e son as primeiras mostras de arte rupestre paleolítica que se atopan en Galicia. Agora, case 30.000 anos despois, as pinturas e gravados de Cova Eirós saen a luz!



A maioría están nunha gran sala dentro da cova, formando un panel no que se distinguen contornos de animais, ringleiras de puntos e outras marcas. Un panel no que predominan os trazos en cor negra, conseguidos co emprego de carbón vexetal como pigmento. E no que a peor noticia é un estado de conservación moi delicado, que aconsella máxima e pronta protección.

Cova Eirós non era unha descoñecida. Durante os anos noventa, algunhas campañas de escavacións arqueolóxicas serviran xa para atopar unha gran cantidade de restos óseos procedentes de mamíferos como rinocerontes, hienas, cabalos, cervos ou osos cavernarios. Anos despois, ao comezar a escavación dun recheo duns tres metros de fondo, os arqueólogos pasaron a localizar diversos útiles paleolíticos: unha agulla de óso, unha lanza gravada con liñas en forma de zigzag ou mesmo un colgante feito a partir dun dente de raposo (hai 26.000 anos!).  Pero a ocupación desta cova por parte de Sapiens e Neandertais remóntanse moi atrás. En concreto aos restos dunha fogueira acendida alí hai 118.000 anos. E sabedes o mellor? Que aínda queda a metade dese recheo por escavar! 

Imaxinades como é traballar nun lugar así, ou visitar unha ventana ao pasado coma esta? Pois non tedes que imaxinalo! Porque acábase de estrear o teaser do documental rodado durante tres campañas de escavación no lugar. Son as primeiras imaxes desa mirada que os nosos antepasados se empeñaron en deixarnos, rabuñada a conciencia nas entrañas da terra.

Benvidos a Cova Eirós!
Clic para ver!

Comentarios

  1. E ISTO, este descubrimento... tan cerca!
    Que gustazo velo! E que gustazo "estar dentro"!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E tanto!
      A pesar da mina que ameaza a conservación da única cova con pinturas rupestres paleolíticas en Galicia!
      Ver para crer!
      http://praza.gal/movementos-sociais/396/unha-mina-pon-en-perigo-a-cova-eiros-un-dos-maiores-xacementos-arqueoloxicos-de-galicia/
      http://www.elmundo.es/ciencia/2014/08/15/53eca96f22601d946a8b4583.html

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...