Saltar ao contido principal

A técnica Pomodoro

Sabes o que é un Pomodoro?

Vía
Pomodoro é tomate en italiano. Pero (e aquí vén o que nos interesa) para Francesco Cirillo, un estudante universitario daquel país, era tamén un pequeno reloxo que había na cociña da súa casa para cronometrar os tempos de cocción. Que necesitabas meter algo no forno 25 minutos? Pois xirabas o tomate ata poñer a frecha no 25 e este avisábate cunha alarma ao consumirse ese tempo. 

Ata que un día Francesco levou aquel tomate para a súa mesa de estudo e inventou con el un dos métodos máis seguidos do mundo para espremer a tope o tempo de traballo. A idea é moi sinxela. Consiste en traballar 25 minutos seguidos, con concentración absoluta na tarefa que elixamos e eliminando todas as interrupcións que habitualmente nos distraen do que debemos facer. 

Cun Clic, vemos como se fai!


Podes usar un temporizador como o da imaxe (hainos á venda) ou un reloxo que teña cronómetro de conta atrás. Pero tamén hai unha chea de apps con esta utilidade para descargar ao teu móbil. E se traballas diante dun ordenador existen páxinas como Tomatoes, nas que incluso podes escoitar o tic-tac e o riiiiing final, cando o tempo remata

Resumindo!
Vía
Parece mentira que algo tan sinxelo como un tomate con conta atrás nos axude da maneira en que o fai a utilizar produtivamente o noso tempo, mellorar a concentración, gañar axilidade mental e lograr o benestar que dá saber que un está aproveitando o tempo. Con tanto whatsapp, redes sociais e pantallas chamando constantemente por nós, ou poñemos unha barreira ou estamos mortos! Ou o que é peor... chegaremos a ese día coa sensación de que a vida foi iso que pasou mentres nós mirábamos un maldito teléfono.

Se o tempo se che vai sen saber como, non o dubides.
Pon un tomate na túa vida! E logo comparte a experiencia! :)
Tempus fugit!

Comentarios

  1. A partir do luns, ademáis de para facer biscoitos, vouno empregar para traballar. :D

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E a ver que sube antes no tempo que dura un Pomodoro: o biscoito ou o traballo sacado adiante!

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...