Saltar ao contido principal

A arte está na rúa, por Oakoak

Se a arte é liberdade, emoción, pensamento e sorpresa, a arte na rúa eleva a arte ao cubo. Todas as fotografías que ides ver pertencen ao magnífico traballo de Oakoak, un artista francés capaz de expresalo todo só con esas imperfeccións que os demais non vemos ou non queremos ver ao camiñar pola rúa. Cada intervención, cada imaxe, é un motivo para sorrir. 

Oakoak. Máis na súa web








"A beleza artística non consiste en representar unha cousa bela,
senón na bela representación dunha cousa"
Inmanuel Kant

Comentarios

  1. Moito me gustan este tipo de cousas tan inxeniosas!!!

    ResponderEliminar
  2. E a min! :)
    Como tan "pouco" pode mellorar tanto?
    A maxinación dá vida!

    ResponderEliminar
  3. Canto inxenio e que divertido!! Debería haber mais cousas de éstas polas rúas para ir sempre con un sorriso...

    ResponderEliminar
  4. Son realmente xeniales,e o peor de todo é que cando podemos atoparnos cousas como estas,imos tan metidos no noso mundo,que nin nos fixamos.Eu atopei algunhas en portugal que están xenial :)

    ResponderEliminar
  5. Así é Gabi. Tan metidos no noso mundo... ou peor aínda, no noso móbil. Pero é a arte o que mellora as rúas, a nosa percepción da vida, ou mesmo a nosa forma de mirar e pensar. Non deixedes de mirar arredor mentres camiñades! O inagardado agarda por nós onde menos o agardamos. :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...