Saltar ao contido principal

O mellor amigo... o gato

Esta vai de gatos. Porque... Quen dixo que o noso mellor amigo ten que ser sempre o can?
De parte da miña gata Lola (seica alguén mandoulle un tweet coa noticia), un exemplo de que non.

Clic na imaxe!

 "Mi gato nunca se ríe o se lamenta. Siempre está razonando"
Miguel de Unamuno

Comentarios

  1. Tes algún animal Abraira?

    ResponderEliminar
  2. Espero que ese día non tarde tanto como o do Holodomor ;) ;)

    ResponderEliminar
  3. Sandra16/5/14

    Vin a noticia, impresionante! É verdade, sempre din que o can é o mellor amigo do home, pero os felinos tamén entran nese gurpo de mellores amigos. Preciosa Lola!! Vaise poñer celoso Bimbo, de non saír na foto ;-)

    " Quien inventó a los gatos se podía permitir equivocarse en todo lo demás ".
    (Mario Migliaccio)

    ResponderEliminar
  4. Esta tamén vos vai gustar a algúns:

    "Os gatos saben por instinto a hora exacta á que van espertar os seus amos, por iso os espertan dez minutos antes".

    Jim Davis, creador de "Garfield"

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...