Saltar ao contido principal

Intocable

Phillipe é un aristócrata tetrapléxico tras un accidente de parapente, que busca unha persoa capacitada para coidalo. Abdel é un inmigrante con antecedentes penais que vive nos suburbios, e que, máis que traballo, busca unha firma para poder cobrar o paro durante uns meses. Ambos son dous opostos que non pegan nin con cola. Pero por algún motivo, o día no que se coñeceron, Philippe escolleu precisamente a Abdel. E ese día, sen poder imaxinalo aínda, ambos salváronse mutuamente. A base de espontaneidade, desdramatización e risas. 

Clic no cartel para ver o tráiler

Eso es exactamente lo que quiero, ninguna piedad.

Boa sesión!
De cine. De magnífica música. E de sorrisos.

Comentarios

  1. É boísima: a peli, a banda sonora, a interpretación dos dous protagonistas... Se me mandas escoller escena, quédome coa da ópera; non me rin nin nada :P

    ResponderEliminar
  2. A da ópera é para esmendrellarse de risa!
    Pero gústame máis a da lección de música clásica: sinto e río. Ambas cousas. :D

    ResponderEliminar
  3. Esta película mireina vai un par de anos,e a verdade e que é moi boa,ou polo menos a mín parécemo.Ademais de ter as súas partes graciosas,transmite unha mensaxe bastante boa!

    ResponderEliminar
  4. Eu tamén, Gaby! Non sei ti, eu vina no cine, e lembro que saín pleno de boas emocións. Non só polas risas, como ti dis, senón tamén por como trata o tema: non hai piedade, nin compaixón, nin dramas para facer que chores. Os dous protagonistas teñen problemas moi importantes nas súas vidas, pero é a súa actitude ante eles (e entre eles) o que os salva. E velos, fainos entender que o importante non son as cousas que nos pasan, senón como pensamos sobre elas. :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...