Saltar ao contido principal

Made in Galiza

Igual que o ano pasado, a homenaxe ao Galego en Caronte vai por libre. Tan libre, que chega un día despois do Día. Pero non importa; é máis, gústame a idea. Así que aí van un par de historias sorprendentes, co galego como fío. 

A primeira trata sobre o libro Made in Galiza, de Séchu Sende.
Éxito aquí... e no Curdistán!


"Made in Galiza" reúne pequenos relatos acerca das palabras, da vida que agochan ou á que dan lugar cando as usamos e tamén do amor pola lingua galega. Relatos ben orixinais, sensibles e cun punto de retranca, nos que é fácil recoñecer todos os comportamentos posibles en torno ao Galego. Con títulos tan suxerentes para unha lingua como "O ladrón de palabras", "Na oficina de obxectos perdidos", "Instrucciones para aprender a hablar gallego" ou "Eu fixen ouigha co espírito de Castelao"

Pero é que este libro é bestseller tamén en Turquía! E onte unha boa amiga contoume a fermosa historia do por que. Todo empeza o día en que un avogado curdo (unha minoría étnica nos países de Turquía, Iraq, Irán e Siria), abre "Made in Galiza" nunha libraría de Compostela. Levaba na cidade varios anos estudando Ciencias Políticas, e quedou tan impresionado polos relatos (nun deles os curdos de Turquía eran incluso protagonistas) que empezou a dar voltas á idea de dalo a coñecer aos curdos. E deu tantas voltas que traduciuno, e ao seu regreso editouno! O libro, publicado en turco e en curdo, foi elixido Mellor Libro de 2010 na Feira do Libro curda, e leva vendidas máis de seis edicións. Iso si, con novo título, extraído dun dos relatos: "Nin en soños vou perder a miña lingua". Pois iso.

Portada do mesmo libro, na súa exitosa edición en curdo. Vía

A segunda historia sorprendente lévanos máis preto,
pero tamén fóra de Galicia. 

En concreto a tres concellos no norte de Estremadura, nos que se fala galego! Ou algo tan parecido que é imposible non tremer ao escoitalos. Son Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trebello. Pero como é posible? A orixe parece estar no século XIII, cando estas zonas foron repoboadas con galegos. O illamento xeográfico axudoulles a conservar a súa lingua, que era galego antigo e que durante setecentos anos foi para eles instrumento de comunicación e símbolo da súa orixe. Da súa identidade. E aí segue. Viva.


Cun Clic na imaxe, podedes escoitala e saber máis da historia desta Fala.
De nomes distintos e orixe debatida, pero fermosa como toda lingua.

Felices Letras Galegas!

Comentarios

  1. Marey18/5/14

    e que as palabras sexan maıs fortes ca os nacıonalısmos!

    ResponderEliminar
  2. Así sexa! Como o foron nestes setecentos anos! E que as persoas nunca deixen de levalas consigo aló onde vaian.

    Grazas pola historia, Marey! E por seguir sendo, alén das fronteiras, Made in Galiza.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Equinoccio versión San Miguel de Celanova

Aliados coa natureza, tamén nós podemos facer cousas incribles . Mirade que beleza. Hai máis de mil anos, polo século X, os monxes do mosteiro de Celanova decidiron construír no horto do convento unha capela diminuta para honrar coas súas oracións ao fundador do mosteiro. Diminuta e única no seu estilo, entre visigodo e mozárabe. Tan perfecta que a capela está matematicamente aliñada para captar polas ventás a luz do amencer en dous días concretos e moi especiais do ano: o equinoccio de primavera e o de outono .   E a que non sabedes que día foi hoxe...? Vía Nun par de minutos espectaculares , a luz do sol cólase polas estreitas ventás da fachada Leste e, tras atravesar como un coitelo o escuro interior da capela, sae exactamente pola estreitísima ventá que decora a fachada contraria, formando o rosetón de luz que tan ben se ve na fotografía. Non sei que pensarían os monxes cando vían isto cada primeiro día da primavera e o outono... Cun espectáculo así, preg...