Saltar ao contido principal

Zeppelines

Os zeppelin tiveron a súa época dourada entre 1900 e 1930, facéndose famosos durante a Primeira Guerra Mundial por ser empregados por Alemaña para bombardear a Reino Unido, onde só ver a súa silueta no aire chegou a ser un motivo de terror para a poboación. 

A peculiar aeronave lograba sosterse no aire mediante depósitos cheos dun gas menos denso que o da atmósfera: o hidróxeno. Pero a pesar de ser este moi inflamable, os británicos desesperáronse no intento de lograr un xeito de derrubalos, porque ao disparar sobre eles o único que se lograba era facerlle pequenos furados que en nada lle afectaban. A solución acabaría chegando da man dunha especie de balas incendiarias que, tras perforar o globo, explotaban no seu interior provocando que a enorme cantidade de gas almacenado se incendiase.


Curiosamente os alemáns quedaron sen salchichas, un dos seus produtos nacionais, precisamente para construír estes mastodontes. E diredes vós: e que terá que ver un zeppelin cunha salchicha? Pois ten que ver! A pel da salchicha faise con tripa de vaca. E a que non sabedes con que material se fabricaban as bolsas para conter o hidróxeno co que voaban os zeppelins? Tripa de vaca! Facían falta intestinos de vaca a moreas! Por iso os alemáns prohibiron totalmente a fabricación de salchichas durante a Gran Guerra. Para construír zeppelins.


O invento das balas incendiarias chafou un pouco o éxito destas aeronaves. Pero o que de verdade acabaría con elas serían algúns accidentes graves. O accidente definitivo sucedeu precisamente cun zeppelin da Alemaña nazi: o Hindenburg, unha das aeronaves máis grandes xamais construídas (245 metros de longo!). O 6 de maio de 1937, cando tras cruzar o Atlántico estaba xa a punto de aterrar na cidade estadounidense de New Jersey baixo unha tormenta eléctrica, o Hindenburg incendiouse no aire, converténdose nunha enorme bola de lume ante o pánico dos que o agardaban na pista. A prensa e as cámaras gravaron aquel día todo o suceso, deixándonos imaxes impresionantes para a Historia, nas que se ve o aparato ardendo e desplomándose sobre o chan, e se distinguen algunhas persoas saíndo ás carreiras dun zeppelin absolutamente envolto en chamas.

Clic para ver o vídeo daquel momento
No minuto 2:45 comeza o desastre
Vía
Precisamente o grupo de rock Led Zepellin,
utilizou esta impactante imaxe para a portada do seu primeiro disco.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...