Saltar ao contido principal

O mundo, visto por Mafalda

Mafalda é inquieta, intelixente e inconformista. Aborrece a sopa, pero en cambio encántalle xogar cos amigos a indios e vaqueiros. Odia as inxustizas, a intolerancia e as tonterías dos adultos. E a pesar de contar só entre seis e oito anos, ou precisamente por iso, as súas reflexións teñen moitas veces a perspicacia e agudeza dun xenio. Por iso cada viñeta é un pequeno agasallo para todos. Polo menos para todos aqueles aos que lle gustaría ameazar ao mundo con baixarse. Estou seguro de que tamén para vós.







Dedicado con mucho afecto e ilusión a Inés (maestra) y a sus queridas "joyas"
de San Miguel de Valero, en la sierra de Salamanca.

Comentarios

  1. Inés2/4/14

    Ole, ole y ooooooole...este blog cada día me interesa, me gusta , me emociona más...como dicen mis "joyas": hasta la Luna ida y vuelta infinitas veces!!!!!!!
    Y ver a Mafalda, buaaaa, lo más de lo más!!!-Un abrazo profe Miguel

    ResponderEliminar
  2. O público segue esperando polo HOLODOMOR

    (eu soamente cho recordo)

    ResponderEliminar
  3. David G.5/4/14

    Grande Mafalda, sempre adorei a esta rapaza, o seu intelecto é de admirar, e é pecado non ler un libro dela ao longo da túa vida, é increíble.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...