Saltar ao contido principal

Será por patas

Duncan naceu coas patas traseiras gravemente deformadas e houbo que eliminarllas. Imaxinade o momento ao que os seus donos se tiveron que enfrontar aquel día. Moitas persoas morrerían coa pena ao pensar en que clase de vida lle agardaría ao seu can sen dúas das catro patas. Non vai poder correr, nin xogar, nin erguer a pata como fan os demais, nin... Pero afortunadamente, ás veces, xorden persoas e animais cos que descubrimos que os obstáculos non existen; que os poñemos nós. 

Clic na imaxe para coñecer a Duncan.

Quen dixo que non se pode?
Grazas pola moeda @Telmovedra!

Comentarios

  1. :_)
    Fermosa historia.
    Hai obstáculos e muros que ás veces nos parecen un mundo, pero se lle poñemos empeño e ganas, non hai ningún que non se poida saltar ou escalar... e a miúdo, ás vistas ao outro lado son marabillosas. ;)
    Gran exemplo o de Duncan, sen dúbida.

    ResponderEliminar
  2. "e a miúdo, ás vistas ao outro lado son marabillosas".
    :)
    Os muros están para derrubalos. E as utopías, por utopías que parezan, para camiñas cara elas. E para iso, sóbrannos patas, como a Duncan!

    ResponderEliminar
  3. Inés2/4/14

    Sí se puede, sí se puede, sí se puede.....el grito que me llena de energía y poderío para saltar el muro que nos pongan por delante.Gracias por el ejemplo anima un güevo que dicen por aquí....

    ResponderEliminar
  4. Sandra4/4/14

    Os animais son incribles!! Canto nos ensinan!! Duncan é un grande exemplo dos moitos animais que non se rinden, loitan, derriban muros e como tan bonito decides, desfrutan das marabillosas vistas ao outro lado! Todo un exemplo desde logo, a seguir, e que ademais nos demostra que con ganas e ilusión podemos conseguir o que nos propoñamos!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...