Saltar ao contido principal

Hijos del Tercer Reich

Isto é o que teñen as boas pelis. Que os seus personaxes e a súa historia sobreviven de maneira irremediable na túa memoria. Durante días acórdaste deles, revives situacións e mesmo sentes a súa ausencia, coma se formasen parte da túa propia vida... ou algunha vez o tiveran feito. "Hijos del Tercer Reich" é a historia de cinco mozos alemáns que soñaban con comerse o mundo na Alemaña de Hitler, e viron como o mundo os devoraba a eles.
"Éramos cinco. Cinco amigos. Queríamos tener una buena despedida antes de que nuestros caminos se separasen. Habíamos crecido en el mismo barrio. Nos conocíamos desde que éramos unos críos. Aunque éramos muy diferentes, éramos unos amigos que siempre se habían mantenido unidos...

...Charlie, nuestra pequeña, quiso servir a la patria desde el principio de la guerra. Iba a trabajar de enfermera en el hospital de campaña que seguiría a mi unidad en el frente. Víktor Goldstein: su padre fue suboficial en la primera guerra mundial y luego se convirtió en un reputado sastre; Víktor iba a heredar el negocio hasta que lo destrozaron en la Noche de los Cristales Rotos. Esta es Greta, su novia. Los dos son inseparables. A Greta no le importa que su relación se considere vergonzosa para la raza. Todos creemos que algún día será una estrella. La nueva Marlene Dietrich. Mi hermano pequeño, Friedhelm, el ratón de biblioteca, el que adora a Rimbaud y a Jünger. Le admiro por su inteligencia y por su sentido del humor. Para él va a ser la primera vez. Y éste soy yo, Wilhem Winter, Teniente de la división Galgo, que ha servido en Polonia y Francia, y que ahora se dirige a Rusia.  
Éramos jóvenes y sabíamos que el futuro nos pertenecía. El mundo estaba ante nosotros. Sólo teníamos que agarrarlo. Nos creíamos inmortales. Pronto descubriríamos nuestro error."

A última noite xuntos celebrárona na trastenda dun bar en Berlín. Era o verán de 1941, a guerra ía ben para Alemaña e ao día seguinte debían separar os seus camiños, pois tres deles marchaban á fronte oriental, a invadir Rusia. Prometeron que volverían a reunirse no mesmo lugar para pasar xuntos o Nadal dese ano. Vivos. "La Navidad en Berlín", dixeron. E tomaron a fotografía. A vella e raída fotografía. Ese momento roubado á felicidade.

Hai moitos acertos en "Hijos del Tercer Reich". Esta non é unha peli sobre a guerra, senón sobre persoas ás que lle tocou vivila. Tampouco é unha visión estadounidense, senón alemana. Os cinco protagonistas non son simples nazis (hai un xudeo, hai unha alemana que sae con el, hai un soldado que non cre nas razóns que o levan á guerra...) senón persoas que viviron no nazismo e que escolleron diversos camiños á hora de sobrevivir nel. Aquí non hai bos nin malos, senón persoas que loitan por lograr unha pequena parcela de felicidade. Cinco mozos calquera, coma nós, que cren que a vida é dunha maneira, e ao vivila descubren que non todo é como crían

Se cadra estades a preguntarvos se o lograron...
Se conseguiron reunirse na trastenda daquel bar de Berlín,
onde unha noite fixeron a foto e xuraron xuntarse de novo

Se é así, quizais deberiades vela.
Non vos arrepentiredes... Palabra.

Comentarios

  1. Hola Sofía. Es cierto que algunas personas han señalado que la miniserie humaniza a los nazis. Pero es que los nazis son humanos. Por eso nos aterra lo que hicieron; porque de algún modo nos mostraron hasta qué miserables extremos somos capaces de llegar. Incluso en una sociedad educada como la alemana de entonces y ahora. La serie no repite el maniqueísmo habitual (nazi malo vs anglosajón bueno), sino que innova y trata de mostrarnos otra cosa: las emociones, las aristas, los distintos perfiles de aquella sociedad y, como tú dices, la huella inexorable que la guerra acabó dejando en unos jóvenes a los que cercenó de cualquier ilusión.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...