Saltar ao contido principal

Adolfo Suárez

Que é un líder? Ás veces pregúntollo aos meus estudantes. Gústame ver como razonan e nunca temos problemas para chegar entre todos a un acordo sobre como definilo: un líder é unha persoa que ten a capacidade de lograr que outros (un grupo amplo e variado) o sigan, o respecten e traballen con entusiasmo xunto a ela para lograr uns mesmos obxectivos. Eficiente, con iniciativa e capaz de motivar a cambios. Suárez foi un líder. Un líder tan valente, como completamente inesperado. 


Suárez era un franquista. Por iso, cando o Rei o elixiu como presidente do goberno, un ano despois de morrer Franco, moitos sentíronse decepcionados e pensaron que nada ía cambiar. A sorpresa foi maiúscula ao comprobar a rapidez e novidade dalgunhas das primeiras decisións que tomou: liberación de presos políticos, legalización do Partido Comunista e convocatoria de eleccións xerais libres para o seguinte ano. 

Suárez saúda respectuoso a Dolores Ibárruri, do Partido Comunista, ao regreso do seu exilio.Vía
E todo isto, que hoxe pode parecer pouco, nun país como era España, partido en dous bandos, enfermo de extremismos e co exército subido á parra e empoleirado no poder, tivo un mérito brutal. Lograr todo iso sen que uns ou outros se moveran, non estaba ao alcance de calquera. Despois, gañadas as eleccións, todos os partidos votados, con Suárez á cabeza, foron quen de apartar ideoloxías ata poñerse de acordo para redactar unha Constitución, que o pobo ratificou votando en referendum. O edificio da democracia ía en serio. E así se mantivo ata que, farto de presións e críticas de un e outro lado (si, eses que hoxe o aplauden), asumiu que quizais o seu traballo rematara, e que fraco favor facía ao seu país agarrándose ao sillón. E cunha educación e honestidade que sobrecolle, falou aos españois e dimitiu. Precisamente o día que traspasaba os poderes de presidente, un 23 de Febreiro de 1981, todos tivemos ocasión de comprobar, unha vez máis, o seu valor como gobernante, persoa, e líder digno do cariño dun país.



Líder... Por suposto, a segunda pregunta na clase éHai algún político ou persoa pública que vos pareza actualmente un bo líder? Silencio. Caretos. Confusión... A mesma confusión que teñen as xeracións máis novas ao descubrir o enorme respecto co que España despide estes días a un político. Non é normal, pensan. Non comprenden que de repente poidamos ter estima cara un gobernante. Pero claro, Suárez non era un hooligan dun partido político; era unha persoa que quería o mellor para o país e entendeu que o mellor non eran só as súas ideas. E que cando falaba aos cidadáns, facíao coa educación e altura de miras que estes entendían que merecían. Por iso o lembran así. Porque Adolfo Suárez estivo á altura dun líder.

Comentarios

  1. Non pode estar mellor explicado. Súmome a toda esa xente que despediu con tanta pena a Adolfo Suárez, porque foi un home moi valente e que me merece moito respeto, a mín sempre me gustou moito e vendo estos días na tele algunha das suas intervencións emocionoume, ahora non hai políticos que falen coma él, pausadamente e con educación, solo se escoitan descalificacións entre eles e gritos. ¡que pena! él sempre foi unha persona moi educada e nunca lle faltou ó respecto a ningún dos seus compañeiros, como se puido ver era unha persona moi querida e valorada por todos, a súa familia debe estar moi orgullosa de como foi despedido.

    ResponderEliminar
  2. Fantástica entrada Miguel!!! Un líder ante todo ten que ter carisma e empatía, e estes son dous adxectivos que definían ben a Suárez!!

    ResponderEliminar
  3. Mmmmmmmmmm....... +1 NO!, + Infinito!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...