Saltar ao contido principal

A Pedra do Equilibrio

A natureza pode facer cousas incribles. As pedras cabaleiras son un deses prodixios. Trátase de enormes bolas de granito que se sosteñen sobre un base diminuta, ofrecendo unha gran aparencia de inestabilidade. Esta atópase no concello de Ponteareas, nun dos accesos ao monte da Picaraña. Pasar polo lado dela, en coche ou a pé, dá medo! Pero tranquilos: por algo a chaman A Pedra do Equilibrio.


Disque os monxes do Mosteiro de Canedo sempre intentaban tirala cando pasaban polo lugar. E que lles gustaba demostrar que a pedra se movía poñendo unha botella de vidro encaixada preto da base. Ao día seguinte cando volvían, a botella estaba rota. Iso si, como vedes, a pedra seguía (segue) no sitio.

Probade a pasear por diante dela cun Clic na imaxe.
Impresiona!

Comentarios

  1. Sandra22/3/14

    Si que impresiona sí! Eu xa pasei algunha vez por aí, e parece que vai caer en calquera momento, parece mentira que leve tanto tempo así. O certo é que cando estás preto dan ganas de pasar correndo e non pararse moito... por se a caso..

    ResponderEliminar
  2. Iso cando estás na pista! Porque se colles o camiño que a rodea e subes á rocha sobre a que está o gran penedo facendo os seus equilibrios, o que de verdade apetece e meterse debaixo, apoiar ben os pés na rocha da base e as mans no penedo que baila no aire, e xogar a ser "O Increíble Hulk". :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...