Saltar ao contido principal

Cando a Terra se estira

Un día a natureza, aburrida, estírase un pouco... e pasa isto.

Clic nas fotos para ver vídeo, gravado desde un drone
E nós, que pasamos pola Terra pero aprendemos pouco dela, adoitamos reaccionar botándonos as mans á cabeza, e preguntándonos "Como é posible?", "Como puido pasar isto aquí?"... Unha pregunta que se reponde soa cando miras arredor; entón comprendes que é a Terra, e non nós, a que debería botarse as mans á cabeza.

Aprendemos en clase que o relevo modifícase continuamente. Que as formas da superficie non son algo estático, senón que cambian. Ás veces por forzas internas (un terremoto ou un volcán, como na illa canaria de El Hierro) e outras por axentes externos (como o vento, ou as ondas do mar, que poden botar abaixo un acantilado, levarse toda a area dunha praia, ou formar outra nova en cuestión dunha noite). Un simple temporal como o de hoxe, un sinxelo abrandamento do terreo despois dun mes un pouco chuvioso, é suficiente para que pasen estas cousas. Pero unha mirada á paisaxe debería abondar para entender os riscos, e non sorprenderse logo coas mans na cabeza e preguntando ao ceo como é posible

Foi en Traminer, provincia de Tirol do Sur, norte de Italia.
A casa ten uns 300 anos. A Terra, 4.000 millóns.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...