Saltar ao contido principal

Mapa das mellores pelis

Que boa noite é sempre a do venres para unha peli! Verdade que si? Agora ben, hai tantos títulos! Cal vexo? Pois, para que non nos perdamos no labirinto de ter que elixir película, nada como ter un bo mapa para atopala! Aquí van moitas das mellores pelis, organizadas por cores e traxectos, imitando aos típicos mapas de metro das grandes cidadesOrixinal, fermoso e útil! 

Clic para agrandar! 
Botón dereito, Gardar Imaxe. Abrir, e alehop! Tamaño XXL!

Que che gustan as románticas? 
Pois colle a liña 2, de cor rosa, e báixate no título que máis che guste! 

Vanche as pelis de acción, tipo Batman, Rocky ou Sin City? 
Agarra a liña 10, azul escuro, e elixe a túa parada! 

Buscas as máis aclamadas, tipo O Padriño, A Guerra das Galaxias ou Cidadán Kane? 
Escolle a liña 1, laranxa!

Drama, Gángsters, Misterio, Ciencia Ficción, Comedia, Terror...
Boa viaxe!

Comentarios

  1. Chicho T.14/12/13

    A ver se mo pasas por correo e agrandado xq non vexo rien de rien......pero éche un idea bárbara!!!

    ResponderEliminar
  2. Chicho, abres a foto para vela en grande. Daslle a botón dereito, e Gárdala no teu ordena. Abres o arquivo, e... cóntame!

    ResponderEliminar
  3. Chicho14/12/13

    Non caera na conta! Vese mellor, sen duda....mañá imprímoo en A3 e mándocho!! jjajaaaa....se o queres en A1 fago un esforciño!

    ResponderEliminar
  4. Fai, fai, por favor fai o esforciño! :D

    ResponderEliminar
  5. Paula Alonso14/12/13

    Oh! Isto róuballe o corazón a calquera! :)

    ResponderEliminar
  6. Antón15/12/13

    Sae Oldboy jujuju se é o que eu digo...

    ResponderEliminar
  7. Sae, claro que sae! Aínda non a vin Antón! Pero en dous telediarios, cae. Seguro.

    ResponderEliminar
  8. Con un mapa así e imposible non ter un plan unha tarde de domingo, o problema é decidirse por cal ver :)

    ResponderEliminar
  9. Xa o creo que é imposible, Claudia! Eu collería unha liña que me guste, e baixaríame nunha parada a boleo! So hai bo cine, así que... tan mal no pode saír!
    :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois tereino en conta! Cando haxa un huequiño desperdigado polo medio sempre terei un plan, tendo en conta que será sempre a boleo e esperando un bo resultado porque cas películas tamén se aprende (:

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...