Saltar ao contido principal

iDiot. iDiotízate!

Estamos idiotizándonos que mete medo. E autoenganámonos dicindo que non. Pero a tecnoloxía está a volvernos a todos tan estúpidos e dependentes, que o día que nos falle seremos completamente inútiles e infelices. Xa pasamos máis tempo diante das pantallas que fóra delas. Especialmente ante as pantallas dos smartphones. E esa estúpida dependencia é a que, con moita intelixencia e retranca, nos ensina a ácida curtametraxe "iDiots". Catro minutos gloriosos, para denunciar unha sociedade escravizada pola tecnoloxía e os donos do negocio.

Atréveste a verte retratado co teu smartphone?
Clic na imaxe para velo!

Que pasou o pasado fin de semana?  Que pasou cando Whatsapp caeu deixando aos seus usuarios de todo o mundo sen servizo durante só unhas horas? Pasou que un pequeno corte no funcionamento dunha aplicación foi unha enorme fonte de cabreo, amargura e insatisfacción para moitos, converténdose rapidamente nunha preocupación a escala mundial (con trending topic e todo iso). Por uns minutos sen unha estúpida aplicación!

Deberíamos baixarnos do carro e pararnos a pensar. Internet e os smartphones son unha ferramenta de comunicación marabillosa, pero só son iso: unha ferramenta. Un medio para axudar nas tarefas do día a día. Se a felicidade da nosa vida depende dunha estúpida aplicación ou dun maldito teléfono, entón é que non a merecemos

En realidade, 
a Vida é iso que pasa mentres ves o Whatsapp.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...