Saltar ao contido principal

Guerra Fría, con Bichos

A Guerra é enfrontamento, pero as armas non teñen por que ser de fogo... As armas poden ser as ideas, un teléfono pinchado, deportistas que arrasan nas olimpíadas, astronautas que chegan primeiro, películas que demonizan ao adversario en calquera cine do mundo... E incluso Bichos. Cando todo un país depende dun cultivo, non hai nada tan temible como unha boa praga de bichos.

Bicho vai!!!!

O goberno da RDA encheu a prensa coa noticia: avións estadounidenses aproveitaban os seus voos a Berlín para descargar pragas de escaravellos da pataca sobre os cultivos da Alemaña comunista. Non podía haber nada máis rastreiro... Rapidamente montouse toda unha propaganda a base de carteis e láminas sobre os ataques masivos con Ami-Kafer. Que traducido viría a ser algo así como os escaravellos ianquis.

Ollo ao cartel!
Só lles faltan cascos e botas militares!

Durante días, a caza de escaravellos volveuse asunto de estado. Os rapaces saían da escola armados con latas e vidros, e metíanse durante horas entre os cultivos na procura de insectos ou das súas larvas. As pragas están documentadas, e era corrente que as houbese, pois non había pesticidas nin medios suficientes para evitalas. Pero o certo é que nunca se soubo se fora unha trola propagandística dos comunistas para demonizar ao inimigo, ou en verdade chegara a existir un ataque real.

Na Guerra Fría,
tanto podía valer un bo bicho como unha boa mentira.

Guerra Fría. Así se chamou á tensa rivalidade entre a URSS e EEUU (e os seus respectivos bloques de países aliados), unha vez que deron eliminado ao inimigo que os xuntara: os nazis. Desde aquel 1945 en que finalizou a Segunda Guerra Mundial ata a disolución de URSS en 1991, a tensión entre ambos países chegou a ser tan extrema que moitas veces estivemos a punto dunha Terceira Guerra Mundial. Pero por medo ás consecuencias, a tensión sempre arrefriaba e a guerra nunca chegou a estoupar. De aí precisamente o nome.


Unha guerra tan ridícula e chea de mentiras coma todas. 
Pero orixinal e delirante como ningunha.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...