Saltar ao contido principal

Axúdame

"Axúdame: non sei se chegarei a ver mañá". 
Non todas as historias son doces... Pero tamén estas debemos coñecelas, para recoñecelas e estar alerta. A de hoxe dura apenas un minuto. E vai sobre esta moza. Aínda que non o vexas, estache dicindo algo. Non o ves? 

Clic sobre a imaxe

"Unha foto por día no peor ano da miña vida" é o título deste impactante traballo encargado por unha ONG serbia contra a violencia sexista. Tratáse dunha interpretación, pero o feito que pretende retratar e denunciar é absolutamente real. E cercano. De feito pode estar pasando máis preto do que imaxinamos, porque unha de cada catro mulleres do mundo é aínda vítima de maltrato sexista ou violencia doméstica. En España, nos últimos dez anos, 696 mulleres perderon a súa vida por este motivo. Pero esta cifra esconde outra igual de terrible: a daquelas que, sen ter morto, malviven por causa dunha persoa que non sabe querelas ben.


O 25 de Novembro é o Día Mundial da Loita contra a Violencia Sexista
Se me adianto a esa data é só porque hai batallas que non deberan ser cousa dun día.

Comentarios

  1. David G.12/11/13

    Acabo de quedar totalmente impactado, pero a vez, non me sorprende. Hoxe en día como ti dis, non é unha muller a que sufre isto, se non varias. Isto é moi triste e fai que odie a esa sociedade que é capaz de comportarse así, dame moito asco.
    Esta muller era unha persoa, normal, seguramente con ganas de vivir a vida. E que por culpa dunha persoa sufra cada día, chore cada noite, eso non pode ser.
    Non podo expresar isto, porque é algo que me da moita rabia. Sólo pido que esto cambie. Que non sufran os abusos dun home que non merece nin a vida.
    Forza a toda muller que o sufra.

    ResponderEliminar
  2. Ola David! Si, a campaña é verdadeiramente boa. Sorprende, centra a atención no problema e faino máis visible do que normalmente é. Pero non serve de nada se non imos todos un pouco máis aló, se non educamos ou non nos implicamos para cambiar unha realidade tan lamentable. Maltrato non é amor. Se che pega, non hai mais que falar: non te quere, non te respecta, non te merece. O problema é cando a vítima se atopa sola ante unha situación tan violenta. O problema é cando o Estado non é quen de asegurar o dereito a irse e a vivir en paz dalgunhas vítimas. O problema é que o agresor non sexa limitado, castigado e reeducado pola vía rápida. Seremos moi chachis coas nosas pantallas planas e toda esa tecnoloxía. Pero nisto, no máis básico da vida, que é o dereito a vivila, somos unha sociedade atrasada, incapaz e que produce vergoña.

    ResponderEliminar
  3. Laura Alonso Carracedo18/11/13

    Coñecín este spot fai uns meses... Tremendo!!

    ResponderEliminar
  4. A min tamén mo parece! Doe, e unha campaña disto ten que doer.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...