Saltar ao contido principal

Atrévete

"No deje que el miedo le gobierne", dille o logopeda ao rei tartamudo na película "El discurso del rey".
Ás veces deixamos que o medo nos paralice. Pero o medo é medo só ata que o medoso se rebela.
Por iso me gusta tanto este anuncio.
Clic na imaxe para rebelarte


Porque non temos tempo para vivir con medo.

Comentarios

  1. Carmen Ónega23/11/13

    Piensa, cree, sueña y atrévete.

    ResponderEliminar
  2. "No dejes que nunca nadie te diga que no puedes. Ni siquiera yo... Si quieres algo, ve a por ello y punto".
    Un pai a un fillo, en "En busca de la felicidad".

    ResponderEliminar
  3. Ola, eu son Noemi (Sindeberesfobia) ,irmá de Jeanette e Alba Fernández.En nome da clase agradecemosche moito o teu video e o teu comentario respecto a nosa publicación de "O gran libro dos medos" que nos despertou moita alegria e felicidade ante o reconocemento do noso traballo.Grazas.

    ResponderEliminar
  4. Ola Noemí! Non sabía que eras a irmá de Jeanette e Alba! Dalles un abrazo ben grande da miña parte.

    Moitas grazas a vós por esta mensaxe. Escribín o comentario porque me encantou descubrir da vosa man ese "Gran libro dos medos" que todos máis ou menos coñecemos pero do que pouco falamos. Gustoume que vos atrevérades a vencer os medos, sorprendéronme moitas das fobias das que nos falastes, e entusiasmoume o BEN feito que estaba todo o traballo. Así dá gusto. O único que desexo é que sigades sendo así de creativos e de bos á hora de enfrontar a vida.

    Parabéns!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...