Saltar ao contido principal

Atreverse a pensar (con vós)

Eu déralles unha longa lista de películas a elixir se querían facer un pequeno traballo absolutamente optativo. Cunhas poucas normas mínimas e coa trampa de premialos cun punto sobre a nota media, logro que moitos deles vexan unha película á que quizais eles sós non chegarían, que vivan en primeira persoa algún feito histórico dos que falamos na clase, ou simplemente que aprendan a relacionar o cine coa Historia. Sanny, como a ela lle gusta que a chamemos, elixiu "United 93". E esta que comparto aquí abaixo é a pequena obra de arte que ela fixo e me entregou:


Pero só un día antes, pensando en voz alta, Sandra compartía as súas dúbidas nunha rede social:

"Mi trabajo sobre United 93 no respeta ni un punto las normas de entrega, 
y yo lloro, y sufro, y tengo que volver a empezar"

Por iso, cando rematou a clase, entregoume dúas versións dun mesmo traballo. Unha, en plan redacción formal, como adoitamos pedilo os profes, punto por punto e con toda a información. E outra en plan diferente, orixinal e creativo, que é como nos gusta absolutamente a todos. Esta última versión do seu traballo (que é a da imaxe) non só contiña todo o que eu lle pedía, senón que ademais mellorábao, ao coller todas as normas que eu puxera e crear algo novo e inesperado con elas

Deume as dúas cun xesto recollido, como desculpándose por atreverse a pensar por libre. Collinas, cheguei a esta versión e debuxei un sorriso, por dúas razóns: primeiro porque iso é precisamente o que sempre pido: "Que sexa absolutamente voso". E segundo, porque se a educación debe consistir nalgo é precisamente niso que ela fixo: en aprender a pensar libremente. En atreverse a pensar. Grande, Sanny.

Quen dixo que aquí soamente ensinan os profes?
#AprendemosTodos

Comentarios

  1. Pocas son las personas que consiguen sonrojarme.Aún vamos en el primer trimestre y es tanto por lo que darte las gracias, pero como bien dices tu, gracias por enseñarnos, enseñar de verdad.Me alegra saber que te gustó el trabajo, gracias Miguel! :3

    ResponderEliminar
  2. Antón24/11/13

    En primeiro lugar darlle a enhoraboa a Sanny polo traballo. En segundo lugar: Miguel, que grande eres tio!!!

    ResponderEliminar
  3. Nada de gracias Sanny! Eu só pedin un traballo, e ti puxécheslle o que facía falta para facelo teu e para facelo único. E iso é o que necesitamos: persoas que pensen por si mesmas e capaces de crear cousas novas. Persoas que nos melloren. Ánimo, e nunca deixes de pensar por ti mesma.

    Ah! Por certo: ti non coñeces a Antón. Pero vindo del, un cinéfilo-lector-batería de primeira, esa noraboa tenche que facer sentir ben orgullosa! :)

    Un abrazo Antón!

    ResponderEliminar
  4. Entendo que os teus alumnos estean tan contentos contigo Miguel, e sinto algo de envexa ao lembrar a miña etapa escolar, na que moitas veces quedabamos con dúbidas por medo a preguntar cando non entendíamos algo, daquela os mestres non eran tan cercanos, supoño que ainda quedará algún. Imaxino a Sanny o contenta que debe estar por ver o resultado do seu traballo do que ela non estaba moi segura, e tamén o contento que estás tí por ter alumnos coma ela, así que noraboa os dous.

    ResponderEliminar
  5. :) Nin os mestres, nin os alumnos!
    Bueno, non sempre é todo Arco Iris. Ás veces a eles tamén lles toca estudar algo árido, moverse con fotocopias, sentirnos apurados de tempo, enfrontarse a probas... Hai cousas que aínda non logramos mellorar, e non sempre conseguimos crear algo novo ou logro que o pasen ben. Pero intentámolo. E iso si, pola parte que me toca, moitos días non só me sinto contento, senón tamén afortunado de poder compartir tempo, espazo, e historias con eles.
    E iso nótase!
    Grazas!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...