Saltar ao contido principal

Que ten París?

"As cidades son libros que se len cos pés", di un personaxe dunha novela de Agustín Fernández Paz.
Coma moitos de vós, unha vez tiven a sorte de ler París cos meus pés.
E hoxe, non sei por que, precisaba reler ese libro.
Todas son fotos daquela viaxe.

Que terá París, para atraparnos como o fai? Sabédelo vós?

Non sei... Podería ser por Notre Dame...

Ou por iso de remexer libros e láminas á beira do río...

Se cadra é o Sena, que co seu brillo ao solpór, nos pon melancólicos...

Será pola omnipresencia dos gatos...?

Polo monumental atracón de arte antiga...?

Pola arte moderna...?

Ou será por esa arte tan... posmoderna?

Será polos seus enormes e contínuos xardíns?

 Pode ser o egocéntrico Arco do Triunfo, do Petit Napoleón, o que tanto nos atrae...?

 Ou será acaso por esa elegante convivencia entre Tradición e Modernidade?

Vai ti a saber o que é!

Pero cando xa estou a punto de rendirme á beleza, cando xa me parece que é o todo o que atrapa...
Entón... aparece ela. Esa que nada che parecía, ata que se plantou ante ti coa grandiosidade dun faro. Esa mesma. Esa que unha vez alí,  aínda sen pretendelo, non podes evitar buscar enfermizamente.


Esa que te asalta. Que te segue. Que te atrae como un imán.
Será magnética? Estará imantada?


Cando un pisa París, descubres que, en efecto, é verdade, aí está París.
Pero por enriba de todo... Cubrindo a cidade, coa súa luz dourada, descubres que está ela
Aí enriba. Máis incluso que a propia lúa.


 Se París está para ir...
A torre Eiffel está para asegurarse de que volvamos.

 Non está mal, para acabar de cumprir 126 anos!

Comentarios

  1. Imposible non lembrarme daquelas 2 postais de hai 2 anos que 7 sugus me trouxeron. Precisamente de París. :D

    ResponderEliminar
  2. Samantha9/10/13

    Que recordos.... Voltaría outra vez.... Alégrome de que che gustaran as postais, esperamos que nunca te esquezas de esas Sugus :)

    ResponderEliminar
  3. Silvia9/10/13

    *.* As postais... Ainda lembro como as escribimos as 3 da mañá, con un sono tremendo e o vixiante das habitacións do hotel dun lado para outro. Nunca o esqueceremos. E como ben dis, a torre Eiffel está para que volvamos, oxalá! :)

    ResponderEliminar
  4. Seguro que non (que non me esquezo).
    E seguro que si (que volveremos; porque, dun modo ou outro, sempre podemos volver aos lugares que un día limos cos pés).

    ResponderEliminar
  5. Vitoria10/10/13

    "Los científicos dicen que estamos hechos de átomos pero a mi un pajarito me contó que estamos hechos de historias"Eduardo Galeano

    ResponderEliminar
  6. Sandra11/10/13

    Eu non fun nunca a París, xa tiña ganas, pero agora vendo estas fotos... máis! Quero ler esta cidade cos meus pés!

    ResponderEliminar
  7. Sandra, xa sabes! Calzado cómodo, e a trotar! Non olvides o Fastum Gel. :)

    ResponderEliminar
  8. Galeano, ese xenio do Uruguai...
    Os átomos fan posible a vida; as historias fan posible vivila.

    ResponderEliminar
  9. Cristina García Queijo, vía Facebook12/10/13

    Que ten París?
    París ten ALGO, en maiúscula.

    ResponderEliminar
  10. marisa13/10/13

    Os meus pés tamén o lembran... e eu non o esquecerei nunca. Non era un dos sitios o que mais me apetecía ir, pero ahora podo decir que ten unha maxia que te envolve e que me gustaría voltar algún día.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...