Saltar ao contido principal

Persépole: o comic

Persépole é un cómic cheo de méritos: divirte, critica, e fainos cómplices dunha nena intelixente que nos resulta familiar (a propia autora). Pero ademais, Persépole serve para desterrar tópicos, para formularnos preguntas, para achegarnos de maneira moi visual e esperta á vida nun país (Irán) e nunha cultura (a islámica), da que apenas sabemos nada. Hai cómics que non son de superheroes con superpoderes, senón de persoas normais que, sinxelamente, intentan vivir da maneira máis digna posible. Gustaravos Marjane. Gustaravos Persépole.


Marjane é unha nena criada en Irán, pero educada ao estilo occidental. Non leva velo, gústalle xogar ao Monopoly, fala todas as noites con Deus (ao que lle atopa un enorme parecido físico con Marx!) e de maior quere ser profeta... ou revolucionaria... ou doctora. Era un Irán moderno, os seus pais eran modernos, e ela tamén quería selo.  Unha nena normal nun Irán que... Acaso non é o que pensamos?


Pero en 1979, con só 10 anos, unha Revolución Islámica cambiará a súa vida para sempre. Cos fundamentalistas no poder, Irán convértese rápido nunha negra sombra do que era: recupérase o velo como sinal de decencia (Marji non sabe que facer con el, nunca o levara!), fanse normas que prohiben todo símbolo da cultura occidental (incluso a música!), e aparece un terrible control e represión contra todos aqueles que non levan un "estilo de vida islámico".


Por iso, cando ten 14 anos, os pais de Marjie deciden que Irán xa non é un país para ela, e mándana a estudar a Austria. Alí, conforme se vai facendo adulta, descubrirá que Europa, pese ao que todos pensamos, non é moito mellor cá Irán... Unha lectura para descubrir o valor da novela gráfica, e para aprender a ver mais aló da nosa burbulla. Que vos guste!

"Vivir nunha prisión non é unha vida"
"O medo fainos perder a conciencia e convértenos en covardes"

Comentarios

  1. E se non o atopades, ou sodes máis de peli, que saibades que tamén se fixo, e que é absolutamente leal ao cómic.

    Aquí, quédavos o trailer:
    http://www.youtube.com/watch?v=FGjcfGgVm64

    ResponderEliminar
  2. Sara Paloma6/12/14

    Eu o comic non o lein pero vin a pelicula e realmente encantoume

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a min tamén me gustou moito a película. É moi moi leal ao cómic, e a linguaxe do cine permite poñerlle música e voz a determinados momentos do libro, facendo que nos entre máis polos sentidos. De todos modos Sara, dentro duns anos, cando a peli empece a quedarche esquecida, estou segurísmo de que disfrutarías moito o cómic. Unha forma diferente de entender a vida de Marjane nun país como Irán.

      Eliminar
    2. Sara Paloma7/12/14

      É certo, a pelicula esta moi ben pero espero atopar o comic nalgunha libreria e disfrutar del tanto como coa pelicula

      Eliminar
    3. En librería, ou na biblioteca! Na biblio do instituto hai un! Estará Marjane agardando por ti?

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...