Saltar ao contido principal

Mapas Mentais: Barcelona e vós

Xa sabedes o moito que me gustan os esquemas. E hoxe regaláronme un! :)
Un esquema da excursión a Barcelona!


En realidade é un Mapa Mental, un método supereficaz para plasmar e relacionar ideas sobre un papel. A técnica consiste en representar todo o que che veña á cabeza, escribíndoo arredor dunha palabra clave ou idea central. Así vas extraendo as túas ideas e relacionándoas dunha maneira lóxica e gráfica, o que che axuda a poñer orde nelas e incluso a memorizalas. Cando a cousa se complica, o sentido a seguir para escribir ou ler nel adoita ser o das agullas do reloxo, como podedes ver na imaxe.

Aquí a flamante idea é a nosa excursión a Barcelona de xuño 2013. Orixinal, verdade? Se vos fixades, desde esa palabra clave empezamos lendo cara arriba (como se unha agulla marcase as doce horas). Cando rematamos volvemos á palabra chave para continuar coa seguinte liña, avanzando así no sentido dun reloxo, ata rematar outra vez nas doce. Para axudar a que entre máis pola vista, pódese pintar dunha cor diferente cada rama do mapa, ou incluso engadirlle debuxos. Porque un dos fins dun esquema ou mapa mental, sempre é aproximalo o máximo posible a unha imaxe.

Que por que me deron isto? Primeiro, porque me coñecen. Segundo, porque vivimos clases, xogos, debates, recreos, exames, risas e viaxes xuntos. E terceiro, e creo que o máis importante, porque esas cousas que vivimos nos uniron tanto como para sentir un verdadeiro aprezo. Que? Parece mentira? Pois non. Como recolle Diego no seu mapa mental, hai claves que axudan a estas cousas: está, aí a veredes, a palabra Emoción, ou a palabra Grupo, está a Complicidade, o Interese polo outro, as Ganas de vivir ben, os momentos Míticos, e tamén, porque non, as visitas a sitios con Historia. Como Barcelona, que xa forma parte da nosa... Só quen vive algo así pode comprender que un profe sorría ao ver un esquema, ou que se pase todo o verán agarrado a unha botella con pretensións de cóctel molotov, ou que traballe ante unha moeda (para Caronte) de cartón e un Mapa Mental na que o centro de todo é unha foto cos seus alumnos.

Todo isto era para amosarvos a utilidade dos Mapas Mentais.
Pero así son precisamente os Mapas Mentais: sabes onde empezan, pero nunca onde rematan.
Grazas polo mapa Diego! Grazas polo curso rapaces!

Comentarios

  1. Iván Marchante Diz16/10/13

    Un mapa mental se basa en ideas convertidas en palabras, es el culmen de la organización tal cual la conocemos, es entrelazar conceptos dispares a través de un puente en común, y sobretodo y MUY IMPORTANTE nada de Testamentos. Tu capacidad, competencia y habilidad haciendo mapas mentales se da a entender cuando tu mapa mental, parece un cerebro. Un cerebro creativo. Por eso debemos usar esa creatividad para simplificar la idea en una palabra que la englobe o intentar explicarlo con palabras entrelazadas por un concepto mas grande aún que las una. Algo muy útil para hacer mapas mentales es hacer una tormenta de ideas sobre un tema. Las escribes en una hoja. Luego le das la vuelta a la hoja y las colocas desordenadamente por el papel. Luego añades conceptos que surjan de ahí, o conceptos que unan estos conceptos antes escritos. Todo con el centro. Cuando ya seas un verdadero experto en esto, ya podrás hacer mapas mentales sin centro. Igual igual que un cerebro. Pero para ser de los primeros, enhorabuena para diego! Ahora tiene que trabajarlos mas. Y tambien una nota breve, se nota mucho que es lineal. Es como un mapa conceptual pero en forma mental.

    ResponderEliminar
  2. "Un cerebro creativo".

    Como falar de mapas mentais sen acordarse de Iván Marchante? Iván, e tamén Marcos, foron as primeiras persoas que me explicaron en detalle e con exemplos feitos por eles mesmos, ata onde chegaban as enormes posibilidades dun mapa mental. A nivel de estudo, pero tamén a nivel de exploración persoal.

    Por iso é unha gozada ler como o explicas Iván. Porque o explicas ben (defines, describes pasos, destacas a clave, comparas), e ademais nótase a paixón de quen cre no valor do que fai. Os teus compañeiros que lean isto, sorrirán (estou seguro) ao imaxinarte explicando con esa paixón.

    Con razón te botamos de menos... Mil grazas, Iván. E ata pronto!

    ResponderEliminar
  3. IvanMarchante16/10/13

    Mil gracias a todos vosotros! Es un honor para mi esta mención en el blog, se os extraña mucho, a todos!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...