Saltar ao contido principal

Mala sorte

Somos egoístas. Cantas veces o vemos na clase e na vida? Moitísimas. Non todos igual, por suposto, pero sempre esta aí. Tendemos a mirar por nós antes que polos demais, e a desconfiar de que en verdade poidamos facer algo por alguén. Incluso cando vemos que o necesita. Que mala sorte, pensamos. O medo e a comodidade paralízannos. Por iso so nos movemos cando a mala sorte nos sinala directamente a nós. Entón aí si. Aí pedimos aos demais que non sexan egoístas. Que miren o que nos pasa. Que teñan corazón.

Este anuncio non se emite aquí. Pero ensina algo tan importante que habería que traelo aínda que fose polas orellas. Este anuncio lémbranos, cunha historia de apenas tres minutos, cousas que esquecemos con demasiada facilidade, e que condicionan toda unha vida. Así de sinxelo, cun simple xesto... Como sempre, podedes velo facendo Clic na imaxe.


Que xesto tan pequeno... e que gran cambio na súa/túa vida.
Suficiente para non esquecelo nunca

Comentarios

  1. Cristian, vía Twitter25/9/13

    Me recuerda de alguna manera a la película Cadena de Favores.

    ResponderEliminar
  2. Si, un pouco! Neste caso gústame a idea de que o home que fai algo polos demáis non saiba canto supón esa axuda... ata moitos anos despois.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. sandra27/9/13

      Que bonita e boa historia, seguramente hai no mundo algunhas parecidas, pero non deberían ser só algunhas, debería haber moitas historias coma esta, onde se vexa persoas que axudan os que máis o necesitan, aínda que só sexa con xestos que parecen pequenos pero en realidade son moi grandes.

      Eliminar
  3. Ola Sandra! Debería haber máis historias... e sobre todo, deberíamos axudarnos todos máis na vida real. Porque non o facemos...?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...